Andrés Rodríguez Barbeito

xornalista, diplomático e político galego

Andrés Rodríguez Barbeito, nado en Vigo o 26 de maio de 1898 e finado en Buenos Aires en 1968, foi un xornalista, diplomático e político galego.

Infotaula de personaAndrés Rodríguez Barbeito
Biografía
Nacemento26 de maio de 1898 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1968 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sendo neno os seus pais emigraron a Buenos Aires, onde comezou a súa actividade xornalística e política. Colaborou en Correo de Galicia e Céltiga, especializándose en información deportiva e dirixiu Hogar Gallego (1922). En 1920 iniciouse na masonería. En 1926 regresou a Galicia e instalouse en Vigo, onde fundou en 1927 o diario deportivo Sprint e colaborou en Faro de Vigo utilizando o pseudónimo Amadiós. Formou parte da loxa Jovellanos nº 1 de Xixón e dende abril de 1929 das loxas Vicus nº 6 e nº 8 de Vigo. En setembro de 1929 volveu a Buenos Aires.

Ao proclamarse a Segunda República instalouse en Madrid, onde traballou nos diarios Crisol e Luz (entre xullo de 1931 e abril de 1933) e foi redactor-correspondente de Avance de Oviedo dende novembro de 1931. Afiliouse á Agrupación Socialita de Madrid e fíxose membro do Sindicato de Xornalistas da UGT. Pertenceu á Asociación de la Prensa de Madrid dende 1934, ano no que foi detido pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934. Cando se fundou Claridad incorporouse ao seu Consello de Redacción.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi secretario particular do Presidente do Goberno Francisco Largo Caballero desde setembro de 1936 a xaneiro de 1937, foi nomeado subsecretario de Obras Públicas en setembro de 1936.[1] En xaneiro de 1937 foi nomeado por Julio Álvarez del Vayo cónsul de España en Santos (Brasil). Alí traballou a favor da República Española, polo que se enfrontou co réxime ditatorial do Presidente Vargas e coa colonia franquista española. En outubro de 1937 foi nomeado vicecónsul en São Paulo e en novembro dese ano foi detido e finalmente expulsado do Brasil, trasladándose a Panamá.[2]

Ao rematar a guerra civil estivo exiliado en Nova York, onde traballou en España Libre e na emisora de radio Voz de América. De Nova York pasou por México camiño de Guatemala e en marzo de 1945 regresou a México. En 1953 trasladouse a Buenos Aires, onde colaborou nas publicacións España Republicana e Opinión Gallega e participou nos programas de radio España Eterna (Radio Libertad), Galicia en el Aire e Postales gallegas.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar