Spine of God é o álbum de estrea da banda estadounidense de stoner rock Monster Magnet, publicado no ano 1991 en Europa e o ano seguinte nos Estados Unidos. É o primeiro álbum oficial do grupo e un dos primeiros exemplos do xénero stoner rock. O álbum mestura elementos de punk rock, heavy metal, rock psicodélico e space rock e conta coa versión de Grand Funk Railroad "Sin's a Good Man's Brother".

Spine of God
Álbum de Monster Magnet
Publicado1991
Gravación1991
Estudio(s)Subterranean Sound en Long Branch, New Jersey
Duración49:48
Xénero(s)stoner rock, rock psicodélico, heavy metal
Selo(s)Caroline, Glitterhouse
Producido porDave Wyndorf e John McBain
Cronoloxía
Monster Magnet Spine of God Tab

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Dave Wyndorf agás onde se indique.

  1. "Pill Shovel" (McBain/Wyndorf) – 4:00
  2. "Medicine" – 3:21
  3. "Nod Scene" (McBain/Wyndorf) – 6:46
  4. "Black Mastermind" (McBain/Wyndorf) – 8:13
  5. "Zodiac Lung" – 4:44
  6. "Spine of God" – 8:02
  7. "Snake Dance" – 3:10
  8. "Sin's a Good Man's Brother" (Mark Farner) – 3:31
  9. "Ozium" – 8:01
  10. "Ozium" [Demo] – 8:38

Spine of God foi re-editado en marzo do ano 2006 a través do selo Stoner rock Records cunha nova portada, un novo libreto e unha versión demo de "Ozium" como canción extra.