Sphingobium[1] é un xénero de alfaproteobacterias clasificado na orde Sphingomonadales. O xénero creouse pola subdivisión do antigo xénero Sphingomonas. Son diferentes doutras esfingomónadas en que se illan xeralmente do solo, aínda que Sphingobium yanoikuyae foi illado dun espécime clínico. Poden degradar diversos compostos químicos que cheguen ao medio ambiente, como compostos aromáticos e cloroaromáticos, entre eles fenois como o nonilfenol e o pentaclorofenol, herbicidas como o ácido (RS)-2-(4-cloro-2-metilfenoxi) propiónico e o hexaclorociclohexano, e hidrocarburos aromáticos policíclicos. A especie tipo é S. yanoikuyae, cuxo xenoma foi secuenciado,[2] e describíronse numerosas especies neste xénero.[3]

Notas editar

  1. Takeuchi M1, Hamana K, Hiraishi A. Proposal of the genus Sphingomonas sensu stricto and three new genera, Sphingobium, Novosphingobium and Sphingopyxis, on the basis of phylogenetic and chemotaxonomic analyses. Int J Syst Evol Microbiol. 2001 Jul;51(Pt 4):1405-17. PMID 11491340
  2. Zhonghui Gai, Xiaoyu Wang, Hongzhi Tang, Cui Tai, Fei Tao, Geng Wu, e Ping Xu. Genome Sequence of Sphingobium yanoikuyae XLDN2-5, an Efficient Carbazole-Degrading Strain. J Bacteriol. 2011 Nov; 193(22): 6404–6405. doi: 10.1128/JB.06050-11. PMCID: PMC3209211 [1]
  3. LPSN. bacterio.net. Sphingobium

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.