Spain é unha banda de rock estadounidense formada nos Ánxeles, California en 1993, e liderado polo cantante e baixista Josh Haden. A música que producen contén elementos de country, blues, folk, jazz e slowcore. Nunha carreira de dúas décadas, Spain publicou cinco álbums de estudio, un directo e unha compilación.[1][2]

Spain
OrixeOs Ánxeles, California, Estados Unidos de América
Período1993 - ...
Xénero(s)Indie rock, slowcore, dream pop, jazz rock, blues rock
Selo(s) discográfico(s)Dine Alone Records, Glitterhouse Records, Restless Records
MembrosJosh Haden
Antigos membrosRandy Kirk
Matt Mayhall
Daniel Brummel
Evan Hartzell
Ken Boudakian
Merlo Podlewski
Na rede
www.spaintheband.com
Facebook: spaintheband Twitter: spaintheband MySpace: worldofspain Bandcamp: spaintheband Spotify: 1XW5L5zIBqMw7sqkkuIi5n Musicbrainz: 222f84b3-a741-44c3-86ac-db4959a5c5af Songkick: 273898 Discogs: 12641 Allmusic: mn0000743849 Deezer: 8764 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O álbum de debut de Spain The Blue Moods of Spain, publicado en setembro de 1995,[1] presentou a canción "Spiritual," que foi versionada por numerosos artistas tales como Johnny Cash, Soulsavers, Sean Wheeler e Zander Schloss, así como polo propio pai de Haden, o músico de jazz Charlie Haden, quen realizou unha versión instrumental co guitarrista de jazz Pat Metheny no seu aclamado álbum de 1997 Beyond The Missouri Sky (Shor Stories).[3] O segundo álbum de Spain She Haunts My Dreams foi gravado en 1999 na illa sueca de Vaxholm, e contén colaboracións do pianista de jazz sueco Esbjörn Svensson, o guitarrista Björn Olsson, e do batería de R.E.M. e Beck Joey Waronker. Este álbum contiña a canción "Every Time I Try" que o director Wim Wenders incluíu no banda sonora de The End of Violence. O terceiro álbum de Spain I Believe foi publicado en 2001, e unha recompilación, Spirituals: The Best of Spain, foi lanzado en 2003.

Despois dun período de inactividade, Haden reformou a banda con membros novos en 2007. Esta formación consistía en Randy Kirk nos teclados e guitarra, Matt Mayhall (de The Both) na batería, e Daniel Brummel en guitarra e coros. En 2012, esta nova equipación publicou The Soul of Spain, o novo álbum de estudio da banda en 13 anos, que contén colaboracións das irmás de Josh, Petra Haden, Rachel Haden e Tanya Haden, agora coñecidas profesionalmente como The Haden Triplets.[4]

The Soul of Spain recibiu boas críticas na prensa europea, e o grupo realizou varias xiras en Europa por Bélxica, Dinamarca, Noruega, Francia, Alemaña, os Países Baixos, Suíza, Italia, España, Portugal e o Reino Unido. Durante este período, Dylan Mckenzie uniuse ao grupo como guitarra acústica, e en 2013, o agrupación da xira gravou The Morning Becomes Eclectic Session, un directo gravado na KCRW, no que tamén colaboran The Haden Triplets. En 2013, Haden, Mayhall, Brummel e Kirk puxéronse a gravar outro álbum de estudio, Sargent Place, que foi producido por Gus Seyffert, mesturado por Darrell Thorp e publicado en Dine Alone Records o 4 de novembro de 2014.[5]

Persoal editar

Membros actuais editar

  • Josh Haden (voz, baixo)

Antigos membros editar

  • Matt Mayhall (batería)
  • Daniel Brummel (guitarra)
  • Randy Kirk (teclados, guitarra)
  • Dylan McKenzie (guitarra acústica)
  • Evan Hartzell (batería)
  • Ken Boudakian (guitarra)
  • Merlo Podlewski (guitarra)

Discografía editar

Álbums editar

  • The Blue Moods of Spain (Restless Records, 1995)
  • She Haunts My Dreams (Restless Records, 1999)
  • I Believe (Restless Records, 2001)
  • Spirituals: The Best of Spain (Restless Records, 2003)
  • Blue Moods Of Spain: A History, Pt. 1 (Diamond Soul Recordings, 2010)
  • Blue Moods Of Spain: A History, Pt. 2 (Diamond Soul Recordings, 2011)
  • The Soul Of Spain (Glitterhouse Records, 2012)
  • The Morning Becomes Eclectic Session (Glitterhouse Records, 2013)
  • Sargent Place (Dine Alone/Glitterhouse Records, 2014)[1]
  • Carolina (Glitterhouse Records, 2016)
  • Live at the Love Song (Live) (Glitterhouse Records, 2017)
  • Mandala Brush (Glitterhouse Records, 2018)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Strong, Martin C. (2000). The Great Rock Discography (5th ed.). Edinburgh: Mojo Books. pp. 910–911. ISBN 1-84195-017-3. 
  2. Unterburger, Richie. "Spain biography". AllMusic. Consultado o 1 de xuño de 2012. 
  3. Records, Glitterhouse (28 de febreiro de 2014). "Glitterhouse Records Artists Page". Glitterhouse Records. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 24 de novembro de 2014. 
  4. Allen, James (14 de maio de 2012). "The Soul Of Spain Album Review". AllMusic. Consultado o 24 de novembro de 2014. 
  5. "Dine Alone Records Artists Page". Dine Alone Records. 4 de novembro de 2014. Consultado o 24 de novembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar