Soweto

Vila de Sudáfrica

Soweto é unha área urbana próxima a Xohanesburgo, na provincia de Gauteng (Suráfrica). Soweto é unha da cidades con máis crecemento do país, con 1 098 094 habitantes no censo de 1996.

Soweto
Xohanesburgo, incluída Soweto, desde a Estación Espacial Internacional.

Historia editar

O nome Soweto é unha abreviación silábica do inglés "South Western Township" (Municipio do Suroeste).

Durante os tempos do apartheid, Soweto foi construída co fin de aloxar aos africanos negros que ata entón vivían en áreas designadas polo goberno para os brancos (como a área multirracial chamada Sophiatown). Hoxe en día, a poboación de Soweto segue sendo maioritariamente negra.

Soweto chegou ás noticias en 1976, cando se produciron disturbios ante a decisión do goberno de promover a educación en afrikaans no canto de inglés.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar