SoundShepard é unha banda musical viguesa, caracterizada pola mestura de diferentes estilos como funk, reggae ou metal.

Traxectoria editar

SoundShepard ten a súa orixe no grupo Loud Silence, no que tocaban Xabier e Cibrán Rey, e que tivo diversos cambios na súa formación desde o ano 2001, formando parte da banda, entre outros, Chona (cantante durante varios anos, actual batería de Senhor Huevohormigo), Fran (ex-guitarrista de What) e Darío (antigo cantante de Barnacle).

No 2005 a formación do grupo estaba composta por Cristóbal "Kwer" (guitarra), Xabier Rey (voz e baixo) e Cibrán Rey (batería). No 2006 buscaron outro baixista, para dedicarse por completo Xabier á función de cantante. Nun concerto de Paranoid propúxoselle a Sergio (entón baixista de Barnacle) unirse á formación. A súa incorporación levou a banda cara a un estilo máis similar a Incubus no disco Fungus Amongus.

Tamén no 2006 Cristóbal deixa o grupo, sendo substituído por Rubén Carrera, que xa tocara en grupos coma El cuarto de los ratones, Tas Coljao ou Diskordia.

En setembro de 2006 dan o seu primeiro concerto coa nova formación. O repertorio incluía temas novos e algúns anteriores. A finais de ano gravan a súa primeira demo, de cinco temas, con Xabi Lomba (Aveces Llueve), coa que gañarían o concurso Maketón de Estrella Galicia.

Membros editar

  • Rubén Carrera (Guitarra e coros)
  • Cibrán Rey (batería e coros)
  • Xabier Rey (voz)
  • Alex Touceda (baixo)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar