Sotero, papa

(Redirección desde «Sotero»)

Sotero, chamado logo santo Sotero, nado en Fondi e morto posiblemente en Roma en abril de 174, foi bispo cristián desa diocese entre os anos 165 e 174.

Sotero, papa
Nacementoséculo IIxuliano
Lugar de nacementoFondi
Falecementoabril de 174
Lugar de falecementoRoma
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeRoma Antiga
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
Coñecido porPapa n° 12 da igrexa católica
Na rede
Find a Grave: 15708204 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vida e pontificado Editar

Pouco se sabe da vida e do pontificado de Sotero, que coincidiu cunha das maiores épocas de represión contra o cristianismo, nos tempos do emperador Marco Aurelio. O Liber pontificalis sinala que naceu na vila de Fondi, e que descendía dunha familia de gregos.

O feito máis destacábel do seu goberno é a epístola que lles dirixe aos corintios, confundida coa Segunda epístola de Clemente, e que non se conserva; porén, si se gardan anacos da resposta de agradecemento que lle escribiu Dionisio, o bispo desa cidade grega. Acompañando a carta ía unha cantidade de diñeiro recollido pola diocese de Roma e enviada á de Corinto, polo que a este papa se lle coñece como o da caridade.

Crese tamén que foi quen ordenou que fose necesario un sacerdote para bendicir o sacramento do matrimonio, para que tivese validez, e quen lle prohibiu ás mulleres tocar os obxectos sagrados ou esparexer incenso durante os rituais.

Morte e santidade Editar

Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben isto non está demostrado. A súa festa é o 22 de abril, a canda o papa Caio. Foi soterrado no camposanto de Calisto, ao pé da vía Apia. En tempos de Serxio II os seus restos foron levados á basílica de san Silvestre e Martiño dos Montes e posteriormente á basílica de san Sisto Vello. Outras fontes apuntan que as súas reliquias se conservan na catedral de Toledo.

Parroquias en Galicia Editar

Non hai ningunha parroquia en Galicia baixo a avogación de san Sotero.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.