Soritáceos

(Redirección desde «Soritacea»)
Soritacea
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Rhizaria
Superfilo: Retaria
Filo: Foraminifera
Orde: Miliolida
Superfamilia: Soritacea
Ehrenberg 1839
Familias

Soritidae
Alveolinidae
Milioliporidae
Peneroplidae

Os soritáceos (Soritacea) son un grupo de foraminíferos bentónicos miliólidos que posúen testas porcelanosas. Poden presentar diversas formas de crecemento pero tipicamente teñen moitas cámaras. Algúns da familia dos sorítidos poden crecer ata un centrímetro, o que é un tamaño enorme para un protista. Todos os soritáceos albergan no seu corpo algas endosimbióticas, ás que seguramente se debe que poidan acadar os seus grandes tamaños. Algunhas especies teñen como simbiontes algas vermellas, outras teñen algas verdes, e outras presentan endosimbiontes dinoflaxelados, como Symbiodinium. Estes grandes foraminíferos que conteñen simbiontes atópanse normalmente en augas oligotróficas tropicais. O seu rango estratigráfico vai do Permiano superior á actualidade. Ao grupo dáselle xeralmente á categoría de superfamilia, e xunto co nome tradicional Soritacea, o grupo tamén se denomina ás veces Soritoidea, dentro da suborde Miliolina.[1][2][3]

Notas editar

  1. Loeblich, A.R., Jr. y Tappan, H. (1987). Foraminiferal general and their clasification. Van Nostrand Reinhold Company (ed.), 2 vol., 1-970, 1-212 + 847 láminas.
  2. Loeblich, A.R., Jr. y Tappan, H. (1992). Present Status of Foraminiferal Classification. Studies in Benthic Foraminifera en Benthos'90, Sendai (1990), Tokai University Press, 93-102.
  3. * Gudmundsson, G. (1994). "Phylogeny, ontogeny, and systematics of Recent Soritacea Ehrenberg 1839 (Foraminiferida)". Micropaleontology (The Micropaleontology Project, Inc.) 40 (2): 101–155. JSTOR 1485772. doi:10.2307/1485772.