Sophie Wilmès

política belga

Sophie Wilmès, nada en Ixelles o 15 de xaneiro de 1975, é unha política belga do partido francófono Movemento Reformador. Dende o 27 de outubro de 2019 é a primeira ministra de Bélxica á espera a formación dun novo goberno.

Sophie Wilmès
Sophie Wilmès crop.jpg
Nacemento15 de xaneiro de 1975
 Ixelles
NacionalidadeBélxica
Alma máterInstitut des hautes études des communications sociales e Université Saint-Louis - Bruxelles
Ocupaciónpolítica e economista
CónxuxeChris Stone
editar datos en Wikidata ]

É a primeira muller xefa de goberno na historia do país. En 2014 foi deputada federal e en 2015 entrou no goberno de Charles Michel como Ministra de Orzamentos. En decembro de 2018 asumiu ademais o Ministerio de Función Pública.

BiografíaEditar

Wilmès naceu no municipio de Ixelles na rexión de Bruxelas-Capital.[1] Creceu na cidade de Grez-Doiceau en Valonia e estudou na Universidade de Bruxelas. É licenciada en comunicación aplicada e xestión financeira pola Universidade de Saint-Louis, Bruxelas. Traballou como asesora económica e financeira nun despacho de avogados.

Carreira políticaEditar

De 2007 a 2014, Wilmès foi a primeira concelleira encargado de finanzas, orzamento, educación francófona, comunicación e negocios locais na cidade de Sint-Genesius-Rode. De 2014 a 2015 foi conselleira provincial da provincia do Brabante Flamenco. En 2014 foi elixida para a Cámara de Representantes.

En setembro de 2015, Hervé Jamar anunciou que dimitiría o 1 de outubro de 2015 porque fora seleccionado gobernador da provincia de Liexa. Sophie Wilmès foi elexida para sucedelo como Ministra de Orzamentos no goberno de Charles Michel. En decembro de 2018 pasou a ser ministra de Orzamentos, Servizo Civil, Lotería Nacional e Política Científica no segundo goberno de Michel. O 27 de outubro de 2019 converteuse na primeira muller primeira ministra de Bélxica, sucedendo a Charles Michel, que foi elixido para ocupar a presidencia do Consello Europeo.[2]

Vida persoalEditar

Wilmès está casada e ten catro fillos: Jonathan, Victoria, Charlotte e Elizabeth.[3]

NotasEditar

  1. "Sophie Wilmès | MR | News". Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  2. "Sophie Wilmès to replace Charles Michel as Belgian PM". 2019-10-26. Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  3. "Sophie Wilmès | MR | Who am I?". Consultado o 29 de outubro de 2019. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar