Solenodon paradoxus

Solenodon paradoxus é unha especie do xénero Solenodon que habita soamente na illa da Española, a illa dividida entre os modenos estados da República Dominicana e Haití. A especie foi descrita por vez primeira por Brandt en 1833. Unha especie semellante pero máis cativa (Solenodon marcanoi), tamén habitou outrora na illa, mais extinguiuse após a colonización europea.

Solenodon paradoxus
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Eulipotyphla
Familia: Solenodontidae
Xénero: Solenodon
Especie: S. paradoxus
Brandt, 1833
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.

Descuberta

editar

En 1833, a Academia de Ciencias de Rusia recibiu un novo espécime procedente de Haití. Desconcertado polo animal, o naturalista alemán Johann Friedrich von Brandt chamouno Solenodon paradoxus. Non se coñecía máis información sobre o animal, agás a súa relación coa especie Solenodon cubanus descuberta en 1861, e durante un tempo considerouse extinto. Addison Emery Verrill e Alpheus Hyatt Verrill redescubriron a especie na República Dominicana en 1907, mais en 1964 considerouse de novo extinto.[2]

  1. Turvey, S. "Solenodon paradoxus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Ley, Willy (decembro de 1964). "The Rarest Animals". For Your Information. Galaxy Science Fiction: 94–103.