Longueirón vello

especie de molusco
(Redirección desde «Solen marginatus»)
Longueirón vello
Solen marginatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Veneroida
Superfamilia: Solenoidea
Familia: Solenidae
Xénero: Solen
Especie: S. marginatus
Nome binomial
Solen marginatus
Pulteney, 1799 [1]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Solen rotundatus Spengler, 1794
  • Solen vagina auct.

O longueirón vello, Solen marginatus, é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos solénidos.

Características editar

Ten unha cuncha alongada, recta, fráxil, coas valvas simétricas, de perióstraco delgado de cor amarela acastañada,[2] de forma case cilíndrica e aberta polos extremos; presenta un suco profundo cerca da marxe anterior, con dúas series de estrías.

Ten unha lonxitude máxima de 15 cm,[2] aínda que moitas veces non pasa dos 10 ou 11 cm.

Distribución editar

Vive en praias de areas un pouco lamacentas da zona infralitoral.[2]

É unha especie moi común nos océano Atlántico nororiental, desde Noruega até o norte de África (até Mauritania), pasando polo mar do Norte, o canal da Mancha, golfo de Biscaia, Cantábrico e as costas da atlánticas da Península Ibérica (entre elas as galegas), e no Mediterráneo, até o mar Negro.[1]

Bioloxía editar

 
Lámina de 1859. Co número 14, Solen marginatus.

Os sexos están separados, e é unha especie ovípara. Aliméntase de fitoplancton e de partículas de materia orgánica en suspensión. Vive en buratos que escava nos fondos mariños que chegan até os 50 cm de profundidade.[3]

En Galicia editar

Segundo Rolán e Otero-Schmitt, encóntrase en toda a costa galega, aínda que é pouco abundante. Estes autores danlle os nomes populares de carallote, carallete, navalla e longueirón.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Solen marginatus Pulteney, 1799 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Rolán e Otero (1996), p. 238.
  3. Solen vagina (Linnaeus, 1758) Arquivado 03 de novembro de 2013 en Wayback Machine. en MOLLUSCA GRID.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 180–213. ISBN 2-85653-538-0.
  • Montero Agüera, I. (1971): Moluscos bivalvos españoles. Sevilla: Publ. de la Universidad de Sevilla, 5.
  • Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar