Soiuz MS-10

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz MS-10 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 11 de outubro de 2018 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur. Durante o voo o foguete sufriu un problema, activando o sistema de escape da cápsula tripulada.[2][1][3]

Soiuz MS-10
Restos xerados durante o problema da separación entre etapas.
TipoTripulada
Data de lanzamento11 de outubro de 2018[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[1]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[1][2][3]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[3][2]
Regreso11 de outubro de 2018[2]

Características editar

A Soiuz MS-10, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Aleksei Ovchinin e Nick Hague a bordo, engalou ás 9:40 GMT. Uns dous minutos despois da engalaxe, no momento no que os catro aceleradores do foguete Soiuz FG se separaron, as cámaras de seguimento mostraron restos anormais arredor do lanzador. Ao mesmo tempo o control de terra recibiu unha mensaxe da telemetría sobre un fallo dun dos aceleradores e os cosmonautas informaron de que se sentían ingrávidos nunha fase do lanzamento na que deberían sentir aceleración. Aos 123 segundos do lanzamento e a 50 km de altura o sistema de escape activouse, coa torre de escape levando consigo a cápsula cos cosmonautas e alonxándoa do lanzador. Aos 160 segundos a cápsula tripulada separouse da torre de escape, iniciando unha caída libre. Para ese momento a tripulación activara xa o modo de descenso balístico da cápsula, que tocou terra a 32 km de Dzhezkazgan (Casaquistán), 19 minutos e 41 segundos despois do lanzamento. Os equipos de rescate chegaron ao pouco, comprobando que os dous cosmonautas estaban san e salvos e en boa condición médica.[2][1][3]

A análise da telemetría e os datos dispoñibles indicaron que un dos catro aceleradores (o acelerador D) separouse de forma anómala debido á deformación dun dos sensores durante a montaxe do foguete, causando o fallo da apertura do cobertor dun propulsor deseñado para separar o acelerador do foguete central. Como consecuencia, o acelerador impactou co foguete central, danandoo e causando que o software de a bordo activara a secuencia de escape.[2][1][3]

O accidente obligou a atrasar o regreso da Soiuz MS-09 e obligou a aprazar varios paseos espaciais. Causou tamén o atraso de varios lanzamentos de satélites. A actividade na estación retomouse co lanzamento exitoso da Soiuz MS-11 o 3 de decembro de 2018.[2][1][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Mark Wade (2024). "Soyuz MS-10" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-10 makes emergency landing after a launch failure" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar