Sociedade Galega de Xerontoloxía

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría é unha entidade sen fin de lucro, constituída en 1988 como sociedade científica e profesional adicada á mellora da calidade de vida das persoas maiores, o fomento e difusión do coñecemento e a profesionalización xeriátrica. Aglutina en Galicia case 400 profesionais da xerontoloxía e a xeriatría, significados pola súa actividade a prol do avellentamento.

Historia editar

A primeira xuntanza de constitución da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría celebrouse en Ourense en 1988, promovida e organizada polos doutores Luis Rodríguez Míguez e Fernando Jiménez Herrero, coa asistencia de Indalecio Vidal Iglesias, Manuel Vázquez Fernández (que foi logo o seu primeiro tesoureiro), Miguel Ángel Vázquez Vázquez (médico e director xerente da Residencia Asistida de Vigo), Javier Pérez Martín e Andrés Vázquez Piñeiro (médicos do departamento de xeriatría da Residencia Asistida de Vigo), entre outros.

En 1989 celebrouse na illa da Toxa a primeira reunión científica e constituínte da primeira xunta directiva na súa primeira asemblea. Nunha xuntanza organizada polo doutor Tomás Ares Guimil, médico do Hotel Balneario da Toxa e da Residencia de Pensionistas de Vigo, constituíuse a primeira xunta directiva.

Dende 1989 a 1997 a SGXX foi presidida por Fernando Jiménez Herrero, médico xeriatra da Coruña, humanista e científico que foi despois secretario perpetua da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. De 1997 a 2003 o presidente foi Fernando Veiga Fernández, médico xeriatra, xefe do Servizo de Xeriatría do Hospital Público de Lugo. Entre 2003 e 2009 foi presidida por Miguel Ángel Vázquez Vázquez, médico especialista en xeriatría, profesor da Universidade de Vigo e Director Xerente da Residencia Asistida de Vigo; de 2009 a 2012 presidiuna Andrés Vázquez Piñeiro, médico xerontólogo e director técnico do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e con ampla experiencia clínica en Centros de longa estadía. Entre 2012 e 2015 asumiu a presidencia o doutor Jose Carlos Millán Calenti, médico e catedrático de Escola Universitaria da Universidade da Coruña. Desde 2015 o presidente é de novo Miguel Ángel Vázquez Vázquez, co psicólogo e profesor da UVigo José María Faílde Garrido como secretario.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar