Abrir o menú principal

Soños eléctricos

novela de Ramón Caride Ogando

Soños eléctricos é unha novela fantástica de Ramón Caride Ogando publicada en 1992. Ese mesmo ano foi gañadora do Premio Blanco Amor de narrativa.

Soños eléctricos
Autor/aRamón Caride Ogando
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.decembro 1992
Formatoedición rústica cosida a fío
13,2 x 21 cm
Páxinas176
ISBN978-84-7507-689-8

TramaEditar

A acción ten lugar nun espazo futuro. A Terra está estragada e desertificada. A sociedade vive en cidades baixo unha gran cúpula, cunha biodiversidade e un clima feita á medida. Estas cidades, que conforman unha Confederación, están organizadas socialmente en niveis horizontais. Cara a arriba están a administración e a investigación, a cara a abaixo están as clases que desempeñan oficios socialmente peor vistos.

A reprodución, agás entre os militares, non se leva a cabo de forma natural, senón de modo asistido ou por clonación, e é moi difícil ascender de Nivel (aínda que se pode descender por propia vontade).

Xandor F. é un asasino profesional. Esta recluído porque queren investigar a súa relación cun músico, Stevo. Xandor vai falando da súa vida, do seu status social, e da vida na cidade Alfa en xeral.

Posteriormente dá paso a falar de Stevo. Coñeceuno nun salón de lecer nunha noite, e falaron ben pouco.

Pero o que os investigadores queren, a partir da tecnoloxía desenvolvida, é clonar a Stevo a partir dos recordos de Xandor F. O científico que está con Xandor relata como foi a desaparición da humanidade, nunha viaxe espacial, e como é a actual vida social.

Finalmente fala da historia de Stevo e de Lumia, dous fillos de militares. Stevo é músico, algo moi estraño na cidade. Ten un grupo musical xunto cun investigador, un salvaxe (procedente do exterior da cidade) e un traballador dun salón de lecer. Teñen un grupo totalmente innovador, capaz de crear no público uns sentimentos que preocupan á administración.

Stevo e Lumia, a súa moza, exílianse e marchan da cidade. Fóra dela contactan cun grupo de homes que sobreviven no deserto. Teñen unha clase social moi ben definida, e usan a telepatía para comunicárense.

Lumia non é quen de aguantar a nova vida, e suicídase bebendo choiva ácida. A Stevo cústalle asumilo, pero tras pasar dous meses illado do grupo, asume o papel de xefe do mesmo, ao que estaba predestinado.

NarraciónEditar

A narración está feita en terceira persoa por un narrador omnisciente. Non é unha narración liñal, senón que conta con numerosas analepses e prolepses.

TraduciónsEditar

NotasEditar

  1. Ficha en BiTraGa.
  2. Ficha en BiTraGa.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar