Unha SnorriCam (tamén coñecida como chestcam, cámara BodyMount, bodycam ou BodyMount) é un dispositivo estabilizador de cámara que se emprega no cine. A súa característica fundamental é que a cámara aparéllase co corpo do actor, enfocándoo directamente. Deste xeito, cando o actor se move, especialmente se camiña ou corre, prodúcese un efecto polo que semella estar quieto mentres todo o que o rodea se move. Unha Snorricam presenta un punto de vista dinámico dende a perspectiva do actor, establecéndose no plano teórico unha especie de "terceira persoa subxectiva"[1] e proporcionando unha sensación pouco usual de vertixe para o espectador.

Historia editar

A Snorricam leva o nome dos seus deseñadores,[2] dous fotógrafos e directores islandeses, Einar e Eiður Snorri, que traballaron xuntos baixo o nome de irmáns Snorri, aínda sen ter parentesco.[3]

O concepto no que se basea a SnorriCam tense empregado durante décadas. Varios dispositivos cunha filosofía similar utilizábanse xa en películas tan antigas como Seconds, de 1966. Porén, a utilidade do "dispositivo de punto de vista" estaba limitada polo peso da cámara. Como a maioría de cámaras de cine de 35 mm eran demasiado pesadas para poder levalas doadamente, o desenvolvemento do dispositivo non tiña aplicación práctica. Coa aparición da Steadicam e a fabricación de cámaras máis pequenas, lixeiras e insonorizadas que podían caber na plataforma Steadicam, unha vantaxe engadida destas novas cámaras era a posibilidade de fabricar un dispositivo de punto de vista tal como a Snorricam.

Usos no cine editar

Os seguintes filmes teñen secuencias con Snorricam:[4]

Notas editar

  1. Torrijos, Pedro Non hai mapas para estes territorios (II): A hiperrealidade e a gramática visual Magazine cultural JotDown. Accedido o 5/3/2012.
  2. Snorri Bros. Snorricam Arquivado 23 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. Páxina oficial
  3. "Snorri Bros: Biografía". Páxina oficial. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2012. Consultado o 05 de setembro de 2012. .
  4. Busca en IMDb: "snorricam"