Sly Cooper

(Redirección desde «Sly Raccoon»)

Sly Cooper é a estrela da saga dos videoxogos Sly Cooper. A saga coñécese como Sly Raccoon en Europa, pero o nome do personaxe non cambia. É o personaxe principal dos tres xogos da plataforma Sucker Punch Productions para Sony PlayStation 2.

Historia editar

Sly é un mapache noviño que descende dunha gran familia de mestres do roubo. Creceu nun orfanato, porque o seu pai foi asasinado por unha banda coñecida como A banda dos cinco malvados. Esta banda tamén roubou o Latronius Mapáchibus, un libro que contén as técnicas criminais da familia Cooper. A aventura de Sly de recuperar o libro da súa familia é a trama do primeiro xogo.

A arma principal de Sly nos xogos é o bastón da súa familia, o cal é un pau de castiñeiro que termina en forma de "C" na punta, probablemente pola inicial de "Cooper".

Durante o vídeo onde se explica a historia do pasado de Sly, aparecen varios dos seus devanceiros con armas que tiñan a forma de C nalgún lugar. Por exemplo, o seu devanceiro Tennessee Kid Cooper tiña dúas pistolas, ambas as dúas cun C dourado como mango.

Sly Cooper é axudado nas súas aventuras polos seus dous amigos, Bentley (unha tartaruga, que é o cerebro da banda), e Murray (un hipopótamo, forte e musculoso que tamén é o condutor do grupo).

O mundo onde viven Sly Cooper e os seus amigos parece estar habitado tan só por animais antropomórficos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar