Slag in de Rondte

Slag in de Rondte é un maratón de vela de cinco días de duración [1] que se celebra anualmente nos Países Baixos desde 1995 nas augas do mar de Wadden, organizado pola Fundación Wantij e na que participan navíos tradicionais, aak, tjalk e clíper.

Comezo da Slag in de Rondte de 2007

Desenvolvemento editar

A competición ten lugar na primeira semana de novembro, e comeza e remata na cidade frisoa de Harns, os competidores poden gañar puntos nos seguintes portos: De Cocksdorp (na illa de Texel), Vlieland, Skylge, Ameland, Skiermûntseach e Noordpolderzijl, segundo canto máis difícil sexa chegar desde Harns máis puntos recibe o navío. A distancia total a percorrer é de aproximadamente 160 millas náuticas, os participantes intentan conseguir o maior número de puntos no menor tempo posible utilizando o vento e as mareas, como a competición acontece no outono as condicións climáticas poden ser difíciles, con fortes choivas, frío e vento.

Notas editar

  1. Para a edición de 2011 está previsto que sexan sete días segundo anuncia a páxina web da organización

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar