Sintrale Kommisje Skûtsjesilen

A Sintrale Kommisje Skûtsjesilen (SKS) é unha organización frisoa creada en 1945 que ten como principal labor a organización dun campionato anual do mesmo nome no que compiten skûtsje, veleiros tradicionais de Frisia.

Regata do campionato SKS en Earnewâld amosando o Twee Gebroeders coa marca E na vela e o Súdwesthoek coa marca SWH

Desenvolvemento editar

As competicións de skûtsje desenvolvéronse ao longo do século XIX, xeralmente en épocas nas que os mariñeiros tiñan pouco traballo, pero a partir de 1850 os skûtsje entran en decadencia e máis aínda coa chegada dos barcos de petróleo, con todo subsistían competicións de skûtsje organizadas localmente, a partir da creación da SKS vai regular o desenvolvemento dunha competición central aínda que a organización de cada unha das regatas corre a cargo de comités locais. O campionato da SKS ten lugar nas dúas primeiras semanas da Bouwvakvakantie, período de vacacións nos Países Baixos no que pechan as industrias da construción.

Día Saída na 1ª semana Saída na 2ª semana
sábado Grou Starum
luns De Feanhoop Wâldsein
martes Earnewâld Ealahuzen
mércores Terherne De Lemmer
xoves Langwar De Lemmer
venres descanso Snitser Mar

Participantes na SKS editar

Desde 1979 participa un grupo fixo de 14 skûtsje no campionato, trece pertencentes a comités locais e un que en orixe era privado e despois pasou a depender dunha fundación, o d'Halve Maen. Esta decisión de establecer un número fixo creou malestar en certos sectores e en protesta creouse outra organización, a Iepen Fryske Kampioenskippen Skûtsjesilen.

Lugar Nome Ano de construción Sinal na vela
Boalsert Bolsward 1910 B (que contén un P e un M)
Drachten Twee Gebroeders 1913 D
Drachten d'Halve Maen 1912 Lúa crecente
Earnewâld Twee Gebroeders 1930 E
Grou Doarp Grou 1909 G
It Hearrenfean Gerben van Manen 1915 H
Huizum It Doarp Huzum 1916 M sobre un L
De Jouwer Oeral Thús 1923 J
Langwer Ut 'e Striid 1915 cisne
Ljouwert Rienk Ulbesz 1915 león
De Lemmer Lemster Skûtsje 1930 L
Snits Sneker Pan 1913 Waterpoort
Starum Súdwesthoek 1923 SWH
Wâldsein Klaas van der Meulen 1911 W

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar