Sir Endymion Porter e Anton van Dyck

pintura de Anthony van Dyck

Sir Endymion Porter e Anton van Dyck é un autorretrato do pintor flamengo Anton van Dyck, no que se representa a si mesmo xunto ó seu protector sir Endymion Porter. Está realizado en óleo sobre tea, en formato oval, e foi pintado cara ó ano 1635. Mide 119 cm de alto e 127 cm de ancho. Exhíbese no Museo do Prado de Madrid, España.

Sir Endymion Porter e Anton van Dyck
Anthony van Dyck - Sir Endymion Porter and van Dyck.png
ArtistaAnton van Dyck
Data1635
Técnicaóleo sobre táboa
Dimensións119 cm × 127 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Historia e característicasEditar

Este autorretrato é o único de van Dyck no que o artista se representa con outra persoa. Isto demostra o estreita que era a relación con Endymion Porter, ó que coñecera en 1620, durante a súa primeira viaxe a Londres. Porter era un colaborador do rei e axudaba ó soberano na adquisición de teas de grandes pintores: fora comisionado para pechar a adquisición da gran colección de arte do duque de Mantua por parte de Carlos I. O mesmo Porter era un grande apaixonado e rico coleccionista de obras de arte. Ademais de ser amigo de van Dyck, coñeceu ben a Rubens e Orazio Gentileschi. Cando van Dyck executou esta tea, tiña preto de 35 anos e Porter 47.

Este retrato dobre pertenceu a Endymion Porter. Despois estivo noutras coleccións, e chegou ó Museo do Prado procedente da colección real, á que se incorporou por adquisición da raíña Isabel de Farnesio, en cuxo poder está documentado no ano 1745.

O realmente notable desta pintura, á parte da súa rareza ó representar a un pintor e o seu comitente xuntos, é que o fai de maneira singular, pois o artista e sir Porter aparecen tratados como iguais. Tan só a posición central do nobre denota certa superioridade, xa que van Dyck móstrase cunha grande elegancia nas súas vestiduras e actitude. Á parte da amizade e proximidade que unía ós dous personaxes, isto é mostra do status social ascendente que adquiriron moitos pintores de renome durante o Barroco.[1]

NotasEditar

  1. Ver: La llave del Prado, por Consuelo Luca de Tena y Manuela Mena, Madrid, Ed. Sílex, 1990.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Gian Pietro Bellori, Vite de' pittori, scultori e architecti moderni, Turín, Einaudi, 1976.
  • Didier Bodart, Van Dyck, Prato, Giunti, 1997.
  • Christopher Brown, Van Dyck 1599-1641, Milán, RCS Libri, 1999. ISBN 88-17-86060-3
  • Justus Müller Hofstede, Van Dyck, Milán, Rizzoli/Skira, 2004.
  • Stefano Zuffi, Il Barocco, Verona, Mondadori, 2004.