Sindicato de Profesiones Varias de Meirás

sindicato galego

O Sindicato de Profesiones Varias de Meirás é un sindicato fundado no ano 1932 na parroquia sadense de Meirás a partir da Asociación Agraria de Meirás, artellada un ano antes.

Sindicato de Profesiones Varias de Meirás
Tiposindicato
Data de fundación1932
Organización matrizConfederación Nacional do Traballo
SedeMeirás
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

Directiva

editar

No 1932 a súa directiva estaba formada por Emilio Corral Sánchez (Presidente), José María Fernández González (Vicepresidente), Manuel Martín Regueiro Sánchez (Secretario), José Chas Muñiz (Vicesecretario), Antonio Carballeira Muñiz (Tesoureiro-Contador), José Babío Portela (Vocal 1º) e Manuel Pardo Babío (Vocal 2º). En torno ao 1933, o seu Presidente era Manuel Prego Chas.

Actuación sindical e cultural

editar

Estará vinculado á CNT, e formará parte da Federación Comarcal de Sindicatos de Betanzos (1931-1936) e da Federación Comarcal de Sindicatos de Sada (1936).

No 1933, vencellado ao Sindicato, nacerá o Centro de Estudios Sociales Generación Consciente, coa intención de crear unha biblioteca, organizar conferencias e dotar á parroquia de escolas libres.

A partir do ano 1933, especialmente conflitivo en Galicia, protagonizará un soado conflito co párroco de Meirás, Benigno Mayo Novo, e o propietario dunha leira de Meirás, José Gayoso Barral, que subira drasticamente a renda que cobraba ás dúas familias que a traballaban. Coa colaboración do Sindicato de Oficios Varios de Sada, a Federación Comarcal de San Pedro de Nós, a Federación Comarcal de Betanzos e a CNT tomaríase a leira pola forza en varias ocasións, indo tamén en manifestación a Betanzos. As intervencións, durante o Bienio Radical-Cedista, dos gardas de asalto ocasionarían violentos altercados, con numerosas detencións que lle darían ao conflito dimensións estatais. Finalmente, o párroco sería expulsado da parroquia polos veciños e a casa reitoral socializada.

Guerra Civil

editar

O Sindicato de Profesiones Varias de Meirás foi disolto coa sublevación militar do 1936, e dous dos seus membros, Antonio Carballeira Muñiz e Manuel Prego Chas, asasinados.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar