Sindicato Obreiro Galego
O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo[1] e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.
Sindicato Obreiro Galego | |
---|---|
Tipo | sindicato |
Ideoloxía | nacionalismo galego |
Área de operación | Galicia |
Data de fundación | 1975 |
Data de disolución | 1977 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFundouse en maio 1975 cando o Fronte Obreiro da UPG decide transformase nun sindicato.[2] Formou parte da AN-PG. En abril de 1976 realizou a súa primeira Asemblea Xeral. Desapareceu en marzo de 1977 para dar paso á Intersindical Nacional Galega (ING) ao unificarse cos sindicatos nacionalistas e de clase de rama UTEG (Unión dos Traballadores do Ensino de Galiza), a STGM (Sindicato Traballadores Galegos do Mar), a STGAP (Sindicato dos Traballadores Galegos da Administración Pública), o UTSG (Unión dos Traballadores da Sanidade de Galiza) e a UTBG (Unión dos Traballadores da Banca de Galiza).
Notas
editar- ↑ "Publicacións - Fundación Moncho Reboiras". www.fundacionmonchoreboiras.gal. Consultado o 2022-10-26.
- ↑ Radio Fene (2009-05-08). "O Sindicato Obreiro Galego, berce da CIG". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. Consultado o 2022-10-26.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- VVAA (2009). Moncho Reboiras. O nacionalismo nos 70. Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
- Dionisio Pereira, Uxío-Breogán Diéguez e Bernardo Máiz (2010). Síntese histórica do movemento obreiro galego, das orixes até 1984. FESGA, A Coruña.