Unión dos Traballadores da Banca de Galiza

A Unión dos Traballadores da Banca de Galiza (UTBG) foi un sindicato nacionalista e de clase fundado no ano 1976 pola UPG.

Unión dos Traballadores da Banca de Galiza
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Tiña como campo de actuación o sector financeiro, dentro dunha estratexia para burlar a restritiva lexislación posfranquista que impedía a creación de sindicatos de clase. O seu voceiro era O Peto. A súa primeira secretaria xeral foi Fernanda Padín Ogando. En maio do 1977 unificouse con outros sindicatos sectoriais para crear a ING aproveitando a aprobación da "Lei de regulación do dereito a asociación sindical". É a predecesora da actual Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da CIG.