Simone Ortega

Simone Klein Ansaldy, nada en Barcelona o 29 de maio de 1919 e finada en Madrid o 2 de xullo de 2008, foi unha escritora culinaria española de best sellers, coñecida como Simone Ortega.

Simone Ortega
Nacemento29 de maio de 1919
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento2 de xullo de 2008
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónautora, escritora e cociñeira
CónxuxeJosé Ortega Spottorno
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Barcelona, nunha familia orixinaria de Alsacia e publicou o seu primeiro e máis vendido libro, 1080 recetas de cocina en 1972. Estivo casada co editor José Ortega Spottorno, fillo do filósofo José Ortega y Gasset e fundador do xornal El País, ata a morte del en 2002.[1]

O seu best seller 1080 recetas de cocina vendeu máis de 3,5 millóns de exemplares en España dende que se publicou por primeira vez,[2] e en 2007 levaba 48 edicións.[3] En 1987 recibiu o Premio Especial de Gastronomía de España, ao que seguiu o Premio Especial de Comida de España en 2006.[2] Ao outorgar o último premio, o xurado falou de "unha vida enteira dedicada a aconsellar e ensinar aos consumidores sobre cociñar ben e a boa cociña, con especial énfase na calidade dos produtos nacionais".[2] No 2006 tamén recibiu do goberno francés a Orde das Artes e das Letras nunha cerimonia en Madrid, en que Ortega comentou que "máis que ningunha outra cousa, a cociña é o que levou a Francia e a España a achegarse".[2]

Ademais de escribir libros de cociña, Ortega tivo unha columna na revista ¡Hola!, e era colaboradora habitual de varios programas de radio.[4] Os seus últimos libros foron escritos en colaboración coa súa filla, Inés Ortega Klein, chef e autora de libros de cociña.[4]

ObraEditar

  • 1.080 recetas de cocina (1972)
  • Nuevas recetas de cocina (1984)
  • Quesos españoles (1987)
  • La cocina de Madrid (1987)
  • El libro de los potajes, las sopas, las cremas y los gazpachos (1988)
  • Las mejores recetas de Simone Ortega (1990)
  • El Libro de Los Platos de Cuchara (2004)

NotasEditar

  1. Obituario de José Ortega[Ligazón morta] en The Independent [Ligazón morta], consultado o 5 de decembro de 2007
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Barcelona Degusta: Tribute to Simone Ortega Arquivado 05 de febreiro de 2008 en Wayback Machine., consultado o 5 de decembro de 2007
  3. About the book Arquivado 22 de agosto de 2019 en Wayback Machine., consultado o 5 de decembro de 2007
  4. 4,0 4,1 ¡Hola!: Gastronomía Arquivado 19 de decembro de 2007 en Wayback Machine., consultado o 5 de decembro de 2007 (en castelán)