Sima Samar

Activista dos dereitos humanos e política afgá

Sima Samar (persa: سیما سمر), nada o 3 de febreiro de 1957, é unha activista dos dereitos humanos e política afgá que foi ministra de Asuntos de Mulleres de Afganistán entre decembro de 2001 e 2002, presidenta da Comisión Independente de Dereitos Humanos de Afganistán e relatora especial da ONU sobre a situación dos dereitos humanos no Sudán (2005-2009).

Infotaula de personaSima Samar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fa) سیما سمر Editar o valor em Wikidata
3 de febreiro de 1957 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Jaghori District, Afganistán (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Vicepresidente Afganistán
decembro de 2001 – 2003 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAfganistán Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cabul (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , médica , Activista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata
Partido políticoTruth and Justice Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sima Samar con Hillary Clinton e outras políticas afgás en 2011

Traxectoria editar

Samar naceu no distrito de Jaghori da provincia de Ghazni no seo dunha familia hazara. Estudou medicina na Universidade de Cabul e tras licenciarse en febreiro de 1982 practicou a medicina nun hospital público en Cabul, pero logo dalgúns meses houbo de fuxir á súa terra natal para manter a súa seguridade. En Jaghori proporcionou tratamento médico os habitantes das zonas remotas da rexión.

En 1984 o réxime comunista arrestou o seu marido[1] e Samar, co seu fillo, fuxiu ao veciño Paquistán e traballou como doutora entre os campos de refuxiados afgáns. Diante a total falta de instalacións sanitarias para as mulleres afgás refuxidas fundou en 1989 a Organización Shuhada que estableceu unha clínica en Quetta dedicada a prestar coidados sanitarios ás mulleres e nenas afgás, así como formación para o persoal sanitario e apertura de escolas nos campos de refuxiados e posteriormente en zonas rurais de Afganistán. Nos anos seguintes a clínica abriu sucursais ao longo de Afganistán e durante o réxime dos talibán tamén estableceu escolas clandestinas para a educación das nenas afgás[2]. En 2012 Shuhada mantiña máis dun cento de escolas e 15 clínicas e hospitais[3].

En decembro de 2001 volveu a Afganistán para exercer como vicepresidenta e ministra de Asuntos das Mulleres no goberno de transición de Hamid Karzai entre o 22 de decembro de 2001 e o 22 de xuño de 2001[4] mais houbo de dimitir do seu cargo por opoñerse ao poder dos señores da guerra no seo do goberno[5] e ao acusala o fiscal xeral do país de blasfemia[6] por supostamente declarar nunha entrevista que non cría na xaría.

Samar dirixiu a Comisión Independente de Dereitos Humanos de Afganistán ata xullo de 2019[7]. En 2010 estableceu a Universidade de Gawharshad que ao pouco tiña 1200 estudantes. En 2019 o secretario xeral das Nacións Unidas António Guterres designouna como unha dos oito integrantes do Panel de alto nivel sobre desprazamentos internos, baixo a dirección de Federica Mogherini e Donald Kaberuka[8] e o 18 de setembro de 2019 o presidente Ashraf Ghani nomeouna enviada especial do presidente e ministra de Estado para os dereitos humanos e relacións internacionais[9].

Notas editar

  1. Rosemarie Skaine (2008). Women of Afghanistan in the Post-Taliban Era: How Lives Have Changed and Where They Stand Today. McFarland. p. 147. 
  2. Claudia Lohrenscheit (2016). "Human Rights in Afghanistan". En Ellen Christoforatou. Education in a Globalized World: Teaching Right Livelihood. Prolog. pp. 67–68. 
  3. "Sima Samar (2012, Afghanistan)". The Right Livelihood Award. 
  4. "Dr. Sima Samar Biography". Shuhada. 28 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2021. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  5. Elaheh Rostami-Povey (2013 [2007]). Afghan Women: Identity and Invasion. Zed Books. p. 59. 
  6. Thomas F. Farr (2008). World of Faith and Freedom: Why International Religious Liberty Is Vital to American National Security. Oxford University Press. p. 6. 
  7. "شهرزاد اکبر رییس جدید کمیسیون مستقل حقوق بشر افغانستان شد". Fars news Agency. 17 de xullo de 2019. Archived from the original on 20 de xullo de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  8. "High-Level Panel on Internal Displacement" ONU, 3 de decembro de 2019
  9. "Sima Samar appointed Afghanistan’s Human Rights Minister". The Right Livelihood Award. 18 de setembro de 2019.