Silvester Nauli
Silvester Nauli, nado en Tomils, Grisóns, en 1922 e finado en 1988, foi un numismático suízo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1922 ![]() Tomils, Suíza ![]() |
Morte | 1988 ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática ![]() |
Premios |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarSilvester Nauli naceu no antigo municipio de Tomils, actualmente Domleschg, no cantón dos Grisóns, e aínda sendo un neno traballou como pastor e mozo de hotel. Na súa xuventude foi tamén condutor e maquinista da compañía de ferrocarrís de Suíza.[1]
O seu interese pola historia manifestouse axiña. Aínda que non chegou a completar o ensino secundario, frecuentou as conferencias e os seminarios do profesor Emil Vogt sobre prehistoria e historia antiga na Universidade de Zürich.[1]
Carreira profesional
editarEn 1964 comezou a traballar como técnico de escavación no Departamento de Conservación de Mionumentos de Zürich e en 1967 regresou á súa terra natal ao se crear o Servizo Arqueolóxico dos Grisóns.[1]
En 1976 trasladouse ao Museo Rético de Coira como axudante científico e alí encargouse da colección numismática e do Departamento de Prehistoria e Historia Antiga durante once anos, ata a súa xubilación en 1987. Neste período investigou sobre as moedas dos Grisóns presentes en coleccións estranxeiras, así como sobre os antecedentes históricos destas emisións.[1]
Recoñecementos
editar- (1986): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos.[2]
Publicacións
editarSilvester Nauli non foi un autor prolífico, esta é unha escolma das súas escasas publicacións:[3]
- (1976). "Zwei spätmittelalterliche Schwerter aus Malans". En Schweizer Münzblätter. Vol. 7-8. Páxinas 195-202.
- (1978). "Ein Gold-Hortfund von Rhäzüns aus dem Jahre 1951". En Schweizer Münzblätter. Vol. 29-32. Nº 112. Páxinas 95-108.
- (1981). Schriften zur urgeschichtlichen und römischen Besiedlung des Engadins (con H Conrad). B. Bardola-Conrad, lavin/Pontresina.
- (1982). Archäologisches aus Tomils: Ausgrabungen des Rätischen Museums auf dem Kirchhügel 1964/65. Rätisches Museum, Coira.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Geiger, H-U. (1988).
- ↑ "Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).
- ↑ "Nauli, S.". WorldCat Identities.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Geiger, H-U. (1988). "Zum Hinschield von Silvester Nauli". En Schweizer Münzblätter. Vol. 38. No. 152. Páxina 129.