Silvania
Silvania é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Sumapaz, a 44 km de Bogotá. Na época da conquista española coñecíase como Subia ou Uzathama e era habitado polos sutagaos. O actual concello foi fundado por Ismael Silva o 21 de febreiro de 1935.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Provincia | Sumapaz Province (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 22.020 (2020) (135,09 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 163 km² | |||
Altitude | 1.470 m | |||
Creación | 21 de febreiro de 1935 | |||
Páxina web | silvania-cundinamarca.gov.co… |
Historia editar
Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Silvania estivo habitado polos sutagaos. En 1608 foron adxudicadas estancias de gando a Francisco Gómez de la Cruz, que tempo despois se converteron na Facenda El Chocho. O 21 de febreiro de 1935, baixo a dirección de Ismael Silva, foi fundada nova vila, iniciando o trazado do parque principal e as principais rúas. Ese ano construíronse seis casas, que foron as primeiras do concello. O 10 de febreiro de 1936 os directores do “Comité Central de Silvania” expedía, ó cumprir o seu primeiro ano, o nome ó Concello de Silvania, como recoñecemento e en gratitude dos esforzos do fundador deste casarío.[1]
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Silvania |
Ligazóns externas editar
- Páxina oficial (en castelán)