Sigrid Undset
Sigrid Undset, nada en Kalundborg (Dinamarca) o 20 de maio de 1882 e finada en Lillehammer o 10 de xuño de 1949, foi unha escritora norueguesa.
Sigrid Undset | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de maio de 1882 |
Kalundborg ![]() | |
Falecemento | 10 de xuño de 1949 |
Lillehammer ![]() | |
Nacionalidade | Noruega |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Fru Ragna Nielsens skole |
Ocupación | novelista, tradutora, escritora, guionista, prosista e poeta |
Pai | Ingvald Undset |
Nai | Charlotte Undset |
Cónxuxe | Anders Castus Svarstad |
Xéneros | Novela |
Coñecido/a por | Kristin Lavransdatter, Jenny e East of the sun and west of the moon |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Gran Cruz da Orde de San Olaf e Ordem do Falcão |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
BiografíaEditar
Filla de Ingvald Undset, arqueólogo de renome internacional especializado na Idade de Ferro en Europa, naceu en Dinamarca, pero a súa familia trasladouse a Noruega cando ela contaba con dous anos. Realizou os seus estudos en Oslo, pero non puido ir á universidade a causa da morte do seu pai. Traballou como secretaria nunha importante empresa de enxeñaría cando contaba con dezaseis anos.
As súas primeiras novelas foron Fru Marta Oulie (1907), Jenny (1911) e Vaaren (1914), nas que escribe en contra dos defensores do «amor libre». Incrementou e consolidou a súa fama con De kloge jomfruer (1918) e o ensaio Et kvindesynspunk (1919).
As súas obras máis coñecidas son Kristin Lavransdatter (1920-1922) e Olav Audunssön (1925-1927), nas que trata o permanente conflito entre o amor terreal e o divino.
Converteuse ao catolicismo en 1924, experiencia que narrou en Gymnadenia (1929) e en Den brændende busk (1930). Profesou na Terceira Orde da Penitencia de Predicadores como Dominica segrar. En 1940 trasladouse aos Estados Unidos, a causa da súa oposición á Alemaña nazi e a ocupación alemá de Noruega, onde participou activamente en movementos de loita contra os nazis. Volveu a Noruega en 1945, tras a finalización da segunda guerra mundial.
Outras obras que cabe destacar son as novelas Den trofaste hustru (1936) e Madame Dorothea (1939), a súa autobiografía, Elleve aar (1934) e a súa famosa biografía sobre Catarina de Siena (1951).
Foi galardoada en 1928 co premio Nobel de Literatura.
Obra publicadaEditar
|
|
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sigrid Undset |