O Siempre Casina foi unha embarcación volanteira galega que afundiu nas costas de Ribadeo o 22 de febreiro de 2005.

O Siempre Casina tiña base no porto de Burela. Tiña 20,5 metros de eslora, casco de ferro e 30 toneladas de rexistro. Fora botado en 1999. A súa matrícula era 3FE-2-10-99.

O accidente produciuse a unhas 21 millas ao norte de Ribadeo, con condicións climatolóxicas normais. O buque estaba detido e coas portas abertas para deitar as redes, cando se produciu un troco na dirección de vento que botou auga sobre a cuberta. A auga foi tanta que desequilibrou o pesqueiro, que escorou e afundiu de popa. Ademais, unhas obras interiores realizadas sen autorización dificultaron a evacuación da auga.[1] O buque quedou en estado semiafundido e foi remolcado nestas condicións ata o porto de Viveiro.

Faleceron oito dos seus nove tripulantes, pero só se puideron rescatar os cadáveres de seis, atrapados no interior do barco. Os mortos eran oito burelaos, dous deles nados nesa vila, tres nados no Perú, dous nados no Senegal e un máis nado en Cabo Verde.

Notas editar

  1. "Siempre Casina". El robalo. 2012-01-12. Consultado o 2020-04-17. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar