S.S. Felice Scandone
A Società Sportiva Felice Scandone Basket Avellino, máis coñecida por motivos de patrocinio como Sidigas Avellino ou Sidigas Scandone, é un club profesional de baloncesto italiano da cidade de Avellino, na rexión da Campania. En 2019 o equipo renunciou á súa praza na Lega Basket Serie A, a máxima competición do baloncesto italiano, por motivos económicos. Actualmente compite na Serie B, terceira cateogría do país. Fundado en 1948, obtiveron o seu primeiro título no ano 2008, cando gañaron a Coppa Italia tras vencer na final á Virtus Bologna por 73 a 67. Xogan os seus encontro coma local no Palasport Giacomo Del Mauro, un pavillón remodelado en 2008 con capacidade para 5.100 espectadores.
Sidigas Avellino | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Società Sportiva Felice Scandone |
Liga | Serie B |
Fundación | 1948 |
Cores | Branco, verde, laranxa |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | Sidigas |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | PalaDelMauro |
Capacidade | 5 195 |
Inauguración | 1987 |
Campionatos | |
Copa | 1 (2008) |
scandonebasket.it |
HistoriaEditar
O mellor resultado na historia do club é a terceira praza da Serie A italiana obtida na tempada 2007-08 e que lle permitiu participar na Euroliga na tempada 2008-09. O único título do club chegou no 2008, ao gañar a Copa de Italia. En 2019 debido a motivo económicos o Felice Scandone renuncia á súa praza na Serie A, sendo descendido en consecuencia á Serie B, terceira categoría italiana.
PatrocinadoresEditar
Ao longo da súa historia o Felice Sandone de Avellino levou diferentes nomes por mor de motivos de patrocinio:[1]
- Pasta Baronia Avellino (1996−1997)
- Cirio Avellino (1997−1998)
- Select Avellino (1998−1999)
- Nicoloro Avellino (1999)
- De Vizia Avellino (1999−2002)
- A.IR. Avellino (2003−2011)
- Sidigas Avellino (2011−presente)
PalmarésEditar
Títulos nacionaisEditar
- Copa de Italia
- Campións (1): 2008
NotasEditar
- ↑ "Lega A Basket historia do S.S. Felice Scandone". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2011. Consultado o 07 de xuño de 2010.