Shibam (en árabe شبام) é unha pequena cidade do Iemen, situada na Gobernación de Hadramaut e poboada por uns 7.000 habitantes.[1] Existen datos da súa existencia dende o século II a. e. c. Foi en numerosas ocasións a capital do reino de Hadramaut.

Modelo:Xeografía políticaShibam
شبام (ar) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 15°55′37″N 48°37′36″L / 15.9269, 48.6267Coordenadas: 15°55′37″N 48°37′36″L / 15.9269, 48.6267
EstadoIemen
Subdivisões (pt) TraducirHadramaute (pt) Traducir
Distrito (pt) TraducirShibam District (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación13.316 (2004) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficialárabe Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude683 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
Identificador descritivo
Fuso horario
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Mundo árabe
Data1982 (6ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii), (iv) e (v) Editar o valor em Wikidata
En perigo2015 Editar o valor em Wikidata
Identificador192

Unha vista da cidade.

Inscribiuse no Patrimonio da Humanidade da Unesco no ano 1982.[2][3]

A cidade viuse afectada polas inundacións que arrasaron Iemen en 2008.[4][5] Malas xestións no seu manexo, ameazas naturais e o conflito armado acontecido durante o ano 2015, fixeron que o comité do Patrimonio da Humanidade da Unesco inscribise ao sitio na lista de Patrimonio da Humanidade en perigo en xullo do ano 2015.[6]

Arquitectura editar

A súa arquitectura con edificios de varios andares, feitos de adobe e separados por un labirinto de canellas estreitas, válelle o sobrenome de Manhattan do deserto ou "a máis antiga cidade de rañaceos do mundo". O método de construción dos edificios en terra crúa é ancestral, sendo os máis antigos que se conservan do século XVI.

A cidade é o exemplo máis antigo de planificación urbana baseada nos principios da construción vertical, un plano ben definido. Os edificios máis altos acadan os 16 andares e unha altura de até 40 metros, sendo o minarete, con 50 metros, o edificio máis alto da cidade. Para protexer as edificacións das inclemencias, as fachadas son recubertas cun baño espeso que hai que renovar regularmente.

Na cultura popular editar

Foi en Shibam onde o director italiano Pier Paolo Pasolini rodou a película As mil e unha noites estreada en 1974 en Francia.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar