Sherlock (serie de televisión)

Sherlock é unha serie de televisión británica, que trata sobre unha actualización contemporánea das aventuras do detective Sherlock Holmes, creado por Arthur Conan Doyle. Está protagonizada por Benedict Cumberbatch como Holmes e Martin Freeman como o Dr. Watson. Una Stubbs interpreta a señora Hudson, e Rupert Graves é o Detective Inspector Lestrade.

Sherlock

Editar o valor em Wikidata
FormatoCrime, Drama
Creado porSteven Moffat
Mark Gatiss
Baseado na obra de Sir Arthur Conan Doyle
Desenvolvido porSue Vertue
Elaine Cameron
Dirixido porToby Haynes
Euros Lyn
Paul McGuigan
IntérpretesBenedict Cumberbatch
Martin Freeman
Mark Gatiss
Rupert Graves
Andrew Scott
Una Stubbs
Vinette Robinson
Louise Brealey
País de orixeReino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas4
Episodios13
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Mark Gatiss
Steven Moffat
Beryl Vertue
Rebecca Eaton
Emisión orixinal
Canle de orixeBBC One
BBC HD (2010)
BBC One HD (2012–)
Formato de imaxe576i
1080i (HDTV)
Primeiro episodio25 de xullo de 2010
Derradeiro episodiopresente
Na rede
http://www.bbc.co.uk/programmes/b018ttws
IMDB: tt1475582 Filmaffinity: 560395 Allocine: 4528 Rottentomatoes: tv/sherlock Allmovie: v524472 Metacritic: tv/sherlock TV.com: shows/sherlock
Youtube: UCkp_CAX1eIc5k5SavzbhN5w Netlix: 70202589Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Producida por Hartswood Films para BBC de Gales, en coprodución coa WGBH de Boston para a súa serie de antoloxía Masterpiece. Foi creada por Steven Moffat e Mark Gatiss, que escribiron un episodio cada un. Paul McGuigan dirixiu o primeiro e o terceiro episodio; Euros Lyn dirixiu o segundo, que foi escrito por Stephen Thompson.

A rodaxe tivo lugar en varios lugares, incluíndo Londres e Cardiff. A primeira tempada, de tres episodios, foi transmitida na BBC One e BBC HD, en xullo e agosto de 2010. A recepción crítica foi positiva. Estes episodios, conxuntamente co capítulo piloto non emitido, foron lanzados en DVD e Blu-ray no Reino Unido o 30 de agosto de 2010. Unha segunda tempada de tres episodios duns 90 minutos está programada para ser transmitida no outono de 2011.

Personaxes editar

 
Benedict Cumberbatch como Sherlock Holmes.
  • Benedict Cumberbatch foi seleccionado para interpretar a Sherlock Holmes. «"Cumberbatch", di The Guardian, "ten unha reputación de xogo e de home brillante, e o seu Holmes é frío, afeccionado á tecnoloxía e un pouco asperger."»[1] Cumberbatch di: «"Hai unha gran carga que recibo por interpretalo, porque o volume das palabras na súa cabeza e a velocidade do pensamento... Realmente tes que facer as conexións incriblemente axiña. El vai un paso por diante da audiencia e dos que están ó seu redor con intelixencia normal. Eles non poden entender moi ben onde o leva a súa mente".»[1] Para o papel, aprendeu algunhas técnicas co violín, tales como a forma correcta de soster o arco.[1] O papel do detective inspirou a Cumberbatch a analizar as características das persoas e o seu comportamento: «"Non podes deixar de botar un ollo arredor e pensar sobre as persoas... Non o podo evitar. Que será esa sangría nun anel de voda, a dinámica das familias. A xente, nun momento de illamento, une os cabos de certas cousas. É un súper poder alcanzable."»[1]Piers Wenger, Xefe de Arte Dramática da BBC Gales, describe o personaxe do mesmo nome como «"Un superhome dinámico nun mundo moderno, un detective arrogante, o xenio impulsado polo desexo de demostrar que é máis intelixente que o autor do delito e a policía... Que todo o mundo, de feito."» Para abordar o cambio de actitudes sociais e os regramentos de radiodifusión, o Holmes de Cumberbatch substituíu a clásica pipa por múltiples parches de nicotina.

Nunha entrevista con The Observer, o co-creador Mark Gatiss di que tiveron máis dificultades para encontrar o actor adecuado para desempeñar ó Dr. John Watson. A produtora Sue Vertue di: «"Benedict foi a única persoa que realmente vin para Sherlock... Unha vez que Benedict estaba alí era simplemente asegurarse de que tiña química con John Watson... e creo que a conseguen en canto entran na habitación, pódese ver que poden traballar xuntos."» Steven Moffat lembra que Matt Smith foi a primeira persoa que audicionou, sen éxito, para o papel de Watson. A caracterización de Smith na audición era demasiado "tola", máis apropiado para Holmes, e os produtores exixiron algo máis da persoa "recta" de Watson.[2] P

 
Martin Freeman como o Dr. John Watson.
  • Martin Freeman foi elixido finalmente como Watson. Os guionistas dixeron que a audición de Freeman desenvolveu a forma en que Cumberbatch interpretou a Holmes. A xornalista Victoria Thorpe dixo «"Freeman é confiable, un Watson capaz abre este moderno Holmes, un home que agora se describe como 'un alto nivel de funcionalidade sociópata'."» Gatiss afirma a importancia de acadar o ton correcto para o personaxe. «"É importante que Watson non sexa un idiota, se ben é certo que Conan Doyle sempre o deixou fóra do xogo", dixo Gatiss. "Porén, só un idiota podería rodearse de idiotas."» Noutra observación, o Miami Herald sinala que a encarnación de Freeman parece máis brillante que a versión interpretada por Nigel Bruce na década de 1940.

Algúns diálogos do primeiro episodio suxiren que nesta versión moderna, o personaxe de Sherlock Holmes é homosexual. Por exemplo, Holmes responde á pregunta de Watson sobre o seu estado de relación con "Moza? Non, non é a miña área". A súa caseira, aparentemente cre que son unha parella, informándolles "Hai outro cuarto enriba... É dicir, se precisan máis dun".[3] Steven Moffat negou calquera relación sexual implícita entre os dous,[4] mentres que Cumberbatch di que «"Aluden á idea de que pode haber un "malentendido" doutras persoas que pensan que somos unha parella."»[3] Moffat continuou: «"E que o de dous homes investigando xuntos, convivindo xuntos... neste bonito mundo moderno leva á xente a dicir 'Oh, son parella?'. E iso é bo. Pensei que o mundo cambiara, non hai desconformidade. Canto se civilizou o mundo."»[5]

  • Rupert Graves foi elixido como o Detective Inspector Lestrade. Os guionistas referíronse ó personaxe como "Inspector Lestrade" durante o desenvolvemento ata que Gatiss se decatou de que no mundo moderno o personaxe tería que ter o título de "Detective Inspector". Moffat e Gatiss sinalan que Lestrade non aparece moi a miúdo nas novelas e é bastante inconsistente nelas. Decidiron ir á versión que apareceu en The Adventure of the Six Napoleons: El é un home que se sente frustrado por Holmes, pero que o admira, e que Holmes considera como o mellor detective en Scotland Yard. Varios actores audicionaron para o papel dun xeito cómico. O equipo creativo apreciou a seriedade que Graves presentou para o papel.
  • Andrew Scott revelouse como James Moriarty en "The Great Game". Moffat di: «"Sabíamos o que queríamos facer con Moriarty dende o principio. Moriarty acostuma ser un poco aburrido, un malvado elegante, así que pensamos en alguén verdadeiramente arrepiante. Alguén que sexa un psicópata absoluto."» Moffat e Gatiss, orixinalmente, non ían a poñer unha confrontación entre Moriarty e Sherlock nestes tres episodios, pero logo viron que «"Tiña que haber unha escena de confrontación. Tivemos que facer unha versión da escena de The Final Problem na que os dous arque-inimigos se coñecen entre sí.

Episodios editar

# Título en galego (enriba)
Título orixinal (embaixo)
Data de emisión Director
1 (1x01) "Estudio en rosa"
A Study in Pink
25 de xullo de 2010Paul McGuigan

A policía investiga a morte dunha serie de persoas que parecen terse suicidado tomando unha pílula velenosa. O Detective Inspector Lestrade acode ó seu "asesor non oficial", Sherlock Holmes, que deduce os diversos elementos que apuntan a un asasino en serie. Mentres tanto, Holmes coñece a John Watson, e deciden compartir un piso de Baker Street. Despois dunha serie de incidentes, a persoa responsable da morte, un condutor de taxi, revela que as súas vítimas quitáronse a vida por xogar un xogo de ruleta rusa con dúas pílulas: Unha fatalmente velenosa, e a outra segura. Watson dispáralle ó "taxista", que revela antes da súa morte que Moriarty era o cerebro de todo o plan. Este episodio é unha adaptación libre de Un estudo en escarlata

2 (1x02) "O banqueiro cego"
The Blind Banker
1 de agosto de 2010Euros Lyn

Sherlock é contratado por un vello amigo para investigar un misterioso roubo nun banco da cidade. El descobre que os símbolos pintados con spray nunha parede da oficina é unha mensaxe cifrada destinada a un empregado do banco, que máis tarde é atopado morto no seu apartamento. Ó día seguinte, un xornalista é asasinado e os mesmos símbolos son achados preto. Holmes e Watson seguen un rastro de pistas que vencellan ós dous homes mortos a unha rede de contrabando da China, que está tratando de recuperar un obxecto de valor que un deles roubou. Holmes finalmente deduce a mensaxe cifrada baseada en números Suzhou e un cifrado de datos, pero non antes de que Watson e unha amiga sexan secuestrados polos estafadores chineses. Holmes rescata ó seu amigo Watson, pero o líder da pandilla escapa. Despois de fuxir, o líder da banda comunícase co seu superior, que se identifica coa inicial "M". Logo é asasinado por un francotirador. Este episodio é unha adaptación libre de The Adventure of the Dancing Men

3 (1x03) "O gran xogo"
The Great Game
8 de agosto de 2010Paul McGuigan

Mycroft encárgalle ó seu irmán Sherlock que investigue a sospeitosa morte dun empregado do Goberno que estaba traballando nun proxecto confidencial de defensa, o Proxecto de Bruce-Partington. Despois de rexeitar aparentemente o caso, Sherlock comeza a ser burlado por un sinistro criminal que pon ás súas vítimas en chalecos explosivos e establece prazos a Sherlock para resolver casos aparentemente sen relación, incluíndo a desaparición dun home de negocios, a morte dun personaxe da televisión e a morte dun garda dunha galería de arte. Un asasino, o Golem, aparece na trama. Cando Sherlock resolve os casos, decátase de que todos eles están vinculados. Despois de aclarar o caso do funcionario que lle ofreceu Mycroft, Sherlock trata de forzar ó seu adversario invisible a revelarse. O espectáculo remata cun tenso enfrontamento entre Sherlock e o seu arque-inimigo Moriarty, que se revela como o informático que traballa no hospital, cuxo laboratorio é empregado ás veces por Sherlock. No enfrontamento, Sherlock ten unha arma apuntando a Moriarty, pero nos derradeiros segundos do episodio Sherlock converte o obxectivo da pistola a bomba do chan. Este episodio é unha adaptación libre de The Adventure of the Bruce-Partington Plans

Premios e nomeamentos editar

Premios Primetime Emmy editar

Ano Categoría Resultado
2011 Mellor guión nunha miniserie, película ou especial dramático Nomeada

Nomeada a 8 premios BAFTA Mellor serie británica

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mitchison, Amanda (17 de xullo de 2010). "Benedict Cumberbatch on playing Sherlock Holmes". The Guardian. Consultado o 30-07-2012. 
  2. French, Dan (4 de febreiro de 2010). "Matt Smith rejected for BBC's 'Sherlock'". Digital Spy. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2010. Consultado o 4 de febreiro de 2010. 
  3. 3,0 3,1 Green, Jessica (23 de xullo de 2010). "BBC drama hints Sherlock Holmes is gay". Pink News. Consultado o 23-07-2010. 
  4. Revoir, Paul (23 de xullo de 2010). "Sherlock Holmes and a very modern mystery: Could he and Watson be gay?". Daily Mail. Consultado o 23-07-2010. 
  5. Sperling, Daniel (25 de xullo de 2010). "Cumberbatch, Moffat: 'Sherlock's not gay'". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2010. Consultado o 26-07-2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar