Severino López López

político galego

Severino López López, finado na Coruña o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaSeverino López López
Biografía
Morte18 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militante do PCE na Coruña. Foi acusado da colocación dunha bomba no portal da comisaría de policía da Coruña con Eladio Arca Núñez e José Caramés Escariz na folga xeral de maio de 1933.[1] Xulgados na Audiencia en agosto, o fiscal retirou as acusacións e foron postos en liberdade.[2] Volveu ser detido en xaneiro de 1936 con Niceto San José Aguilera, Tomás Baños Ordóñez, Luís Peña Pérez e José López Castiñeiras por resistencia e desacato aos axentes da autoridade trala suspensión dun mitin do PCE no que interveu Dolores Ibárruri.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado. O seu cadáver apareceu no distrito coruñés o 18 de agosto de 1936.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar