Sesostris III
Sesostris III (1878 adC.-1841 adC.). Fillo de Sesostris II. Faraón que levou ao Imperio Medio á súa máxima expansión territorial. Tamén é coñecido co nome de Iakaura ou Senurset.
Sesostris III | |
---|---|
Nacemento | século XIX a. C.xuliano |
Falecemento | 1842 a. C. |
Soterrado | Pyramid of Senusret III |
Nacionalidade | Antigo Exipto e Imperio Medio de Exipto |
Ocupación | político |
Pai | Senuseret II |
Nai | Khenemetneferhedjet I |
Cónxuxe | Meretseger, Neferthenut e Khenemetneferhedjet II |
Fillos | Amenemhat III |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Reformas editar
Gran reformador, culminou unha política centralizadora facendo desaparecer o poder dos nomarcas, dividindo o pais en tres sectores (Alto, Medio e Baixo). Estableceu unha estruturada burocracia, recrutando funcionarios dos escribas, de clase media, ampliando a base social do poder. Reorganizou os gremios co fin de racionalizar a vida socioeconómica. Abriu rotas comerciais cara ao Sinaí, Punt, Creta e Biblos. Comezou unha política de obras públicas coa construción de canles. Os seus derradeiros anos compartiu trono con Amenemhat III, seu fillo.
Campañas editar
Emprendeu catro campañas contra Kush (Nubia) ata a súa total dominación, incluídas as importantes minas de ouro desa área. Construíu unha rede de fortes fluviais que facilitou o control militar a a consolidación da súa expansión. Combateu Siquem chegando a controlar o Sinaí e Palestina.
Mandou construír a Pirámide de Dashur de 105 metros de altura e outras sete pirámides adxacentes.