Serra do Hospital

A serra do Hospital é a formación montañosa máis salientable dos denominados montes da Fonsagrada. As súas máximas alturas son o Pico do Hospital e o alto de Lagoaseca, ámbolos dous de 1.108 metros.

A Fonsagrada e ó fondo a serra do Hospital.

Características editar

Nela nacen correntes da auga que alimentan o Rodil na vertente norte e o Navia nas do Sur. Dunha importante riqueza biolóxica, cabe mencionar o Val do río de Baos que separa esta serra da serra do Muradal. Aquí se atopan formacións herbáceas higro-turfófilas e o río devandito flúe emboscado en carballais, soutos e bosques de ribeira. Moi preto están os carballais, faiais e bidueiros do Val de Piñeira. Son de interese as vistas dende o Alto de Cerredo de 960 metros ao pé da estrada C-630.

Existen exemplos de megalitismo. A acción do home ocupouna tradicionalmente mediante prados e en datas relativamente recentes mediante o monocultivo de piñeiros.

Abondan as lousas, os xistos e as cristas de cuarcita.

Está afectada por parques eólicos que danaron a súa calidade natural. É atravesada polo Camiño primitivo de Santiago, e encóntrase na reserva da biosfera do Río Eo, Ozcos e Terras de Burón. Pese aos seus valores, nada diso está servindo para que se lle aplique ningunha figura de conservación da natureza.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar