A Serra Gamoneda é un macizo montañoso de curta lonxitude, situado ao noroeste da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, España.[1] Caracterízase pola súa curta lonxitude, encontrándose situado entre a marxe esquerda do río Tuela e o breve altiplano, preto de Pedralba de la Pradería, onde o río Calabor forma un val que enlaza co sistema inferior da Serra da Culebra.[1]

Esténdese lonxitudinalmente en dirección leste-oeste, ao sur da serra Segundeira, uníndose a ela polo porto do Padornelo.[1]

Os seus picos máis elevados son o Gamoneda (1.732 m), Cinseiro (1.608 m), Coco (1.531 m), Estante (1,544 m), Praza de Lobos (1.232 m), Olmos (1.398 m) e Allariz (1.253 m).[1]

A súa serra caracterízase pola súa deforestación e escasa vexetación, con belas vertentes como a do Tuela, o pequeno val do Gamoneda e o de Requeixo.[1]

Topónimo editar

A orixe do seu nome parece remontarse a épocas da Baixa Idade Media. A teoría máis estendida afirma que Gamoneda ten a súa orixe na presenza de asfódelos chamados gamones en castelán e leonés, un xénero de plantas vivaces herbáceas, bianuais ou perennes, oriúndas do sur e centro de Europa.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar