Serpentaria
Aristolochia serpentaria serpentaria de Virxinia, serpentaria | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aristolochia serpentaria. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Aristolochia serpentaria L. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Aristolochia serpentaria L., coñecida polo nome común de serpentaria de Virxinia, ou serpentaria, é unha especie herbácea norteamericana da familia das aristoloquiáceas (Aristolochiaceae). É unha especie perenne con distribución natural no leste de América do Norte, desde Connecticut ao sur de Míchigan, a Texas e a Florida.[1][2]
Descrición
editarA especie está considerada en perigo no estado de Nova York, rexión onde a especie foi por diversas veces encontrada entre 1895 e 1994, sendo nesta última data dada como presente nas Hudson Highlands. Mais, aínda así, desde entón, olláronse outras poboacións dispersas neste estado.[3]
A especie é tamén rara no estado de Connecticut, onde integra a lista das especies con estado de conservación preocupante.[4] No estado de Míchigan a especie considérase ameazada.[2]
Uso medicinal
editarÉ cultivada na India polos seus rizomas empregados para o tratamento de picadas de serpentes, os indios norteamericanos usábana como remedio para picadas de cobra. En Europa, o seu uso medicinal data do século XVII. É tamén usada polo seu efecto antiinflamatorio, actúa como tónico e diurético, alén de producir aceite esencial.[5]
Notas
editar- ↑ Aristolochia serpentaria USDA Plants Profile (2011-11-28)
- ↑ 2,0 2,1 Aristolochia serpentaria Arquivado 17 de agosto de 2011 en Wayback Machine. Michigan Natural Features Inventory (2011-11-28)
- ↑ Virginia Snakeroot New York Natural Heritage Program (2011-11-28)
- ↑ Virginia Snakeroot Arquivado 30 de xullo de 2015 en Wayback Machine. Connecticut Botanical Society - Wildflowers (2011-11-28)
- ↑ Peter Hanelt; Institute of Plant Genetics and Crop Plant Research; W. Kilian (2001). Mansfeld's Encyclopedia of Agricultural and Horticultural Crops: (Except Ornamentals). Springer Science & Business Media. p. 105. ISBN 978-3-540-41017-1.