Sendeiro da costa de Gales

O sendeiro da costa de Gales (galés: Llwybr Arfordir Cymru) é un paseo de longa distancia que percorre toda a liña costeira de Gales. Foi inaugurado o 5 de maio de 2012, e comprende 1.400 km de camiño entre Chepstow, no sur, ata Queensferry, no norte.[1]

Liña da costa de Gales, cos puntos de comezo e fin do camiño.
Pedra de Chepstow que marca o límite sur do sendeiro, co logo do "dragón cuncha".
Logo do sendeiro da costa de Gales.

Gales é o primeiro país do mundo en ofrecer unha ruta ó longo de toda a súa costa. O sendeiro pasa por once Reservas Nacionais da Natureza e outras reservas, como as controladas por The Wildlife Trusts ou a Royal Society for the Protection of Birds (RSPB).[2] Lonely Planet calificou a costa de Gales no primeiro lugar na súa clasicafición das 10 mellores de 2012.[3]

Características editar

O sendeiro da costa de Gales foi inaugurado o 5 de maio de 2012 como o primeiro sendeiro costeiro do mundo en cubrir toda unha nación.[4][5][6] Dende o seu punto de comezo, percorre toda a costa galesa de Chepstow no sur ata Queensferry no norte. Moitas partes xa tiñan camiños establecidos como o Camiño do Norte de Gales, a ruta costeira de Anglesey e o Sendeiro de Llŷn. O sendeiro de Pembrokeshire xa estaba pensado como un sendeiro nacional,[7] e no 2011 foi elixido pola revista National Geographic como o segundo mellor destino costeiro do mundo.[8][9]

O camiño discorre a través de 1.400 quilómetros da paisaxística costa, dende a desembocadura do río Dee, ó longo da costa norte de Gales, coas súas vilas costeiras, sobre o estreito de Menai na illa de Anglesey, dende a península de Llyn pola baía de Cardigan, a través do único parque nacional costeiro de Gran Bretaña en Pembrokeshire, a través de Gower, polo paseo marítimo da baía de Cardiff e na zona do mercado de Chepstow.[1] Toda a ruta é accesible para sendeiristas e, mesmo nalgunas seccións pode ser utilizada por ciclistas, familias con carriños de bebé, persoas con mobilidade reducida ou xinetes.[2]

A responsabilidade xeral de establecer a ruta acadouse co Consello de Campo de Gales (agora Recursos Naturais de Gales), mais a xestión sobre o terreo corresponde ás 15 áreas do goberno local que atravesa.[10] Cinco sendeiros sinalizados como de longa distancia na costa xa estaban establecidos en Pembrokeshire, Anglesey , Gwynedd , Ceredigion e na costa norte de Gales. Estes formaron a base para cinco das oito áreas xeográficas que agora conforman a ruta. As tres áreas restantes compóñense dos condados individuais, combinados e cidades dos condados costeiros.[11]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BBC News Wales - Wales Coast Path nears completion Data de acceso: 27 de maio de 2014. ((en inglés))
  2. 2,0 2,1 www.firstnature.com - wales Coast Path
  3. Lonely Planet - Lonely Planet’s Best in Travel: top 10 regions for 2012
  4. BBC News (5 de maio 2012). "Wales Coast Path officially opens with events in Cardiff, Aberystwyth and Flint". Consultado o 27 de maio de 2014. The world's first coastal path to cover an entire country has been officially opened in Wales. 
  5. Ordnance Survey, ed. (19 de xullo de 2012). "Wales Coast Path set for a boost as entrepreneurs get to work". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2012. The recently opened Wales Coast Path is the first coastal network in the world to cover an entire country. 
  6. The Guardian, Wales coastal path offers a walk on the wild – and industrial – side, 4 de maio 2012. Data de acceso: 27 de maio de 2014. ((en inglés))
  7. Pembrokeshire Coast Path National Trail Arquivado 17 de agosto de 2013 en Wayback Machine. Data de acceso: 27 de maio de 2014. ((en inglés))
  8. www.NationalTrails.co.uk - news article Arquivado 28 de xuño de 2011 en Wayback Machine. Data de acceso: 27 de maio de 2014. ((en inglés))
  9. Wales Online, ed. (10 de agosto de 2011). "Pembrokeshire Coast Path walks off with accolade of being one of world's top trails". Consultado o 27 de maio de 2014. 
  10. Countryside Council for Wales: Wales Coast Path Arquivado 04 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Data de acceso: 27 de maio de 2014. ((en inglés))
  11. walescoastpath.gov.uk History Arquivado 29 de maio de 2014 en Wayback Machine. Data de acceso: 27 de maio de 2014. ((en inglés))

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar