Segundo Freire Rivas
Segundo Freire Rivas, coñecido como Cabanelas, nado en Redondela o 5 de marzo de 1905 e finado no mesmo concello o 19 de febreiro de 1987, foi un mariñeiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1905 Redondela, España |
Morte | 19 de febreiro de 1987 (81 anos) Redondela, España |
Outros nomes | Cabanelas |
Actividade | |
Ocupación | pescador, político |
Traxectoria
editarIngresou no Partido Comunista de España en 1931. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido o 6 de outubro xunto con Francisco Darriba Pérez, José Puga Nieves, Manuel Ramonet Balado, Julio Sánchez Cadavieco, Francisco Pérez Docampo, Antonio Pago Docampo e José Benito Portela Casqueiro, acusados de coacción e ameazas e xulgados o 15 de novembro.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité da Fronte Popular de Redondela. Despois fuxiu e estivo agochado. O xuíz militar publicou unha requisitoria para a súa presentación o 4 de setembro.[2] Detido en Cesantes en marzo de 1937,[3] foi xulgado en Vigo por rebelión militar o 28 de xuño e condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en agosto de 1940.[4][5] Cumpriu condena no Campo de Concentración de San Simón e na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional o 29 de outubro de 1940.
Foi detido a principios de 1942 con Francisco Darriba Pérez, Manuel Domínguez Esteiro e Ramón Amilibia Machimbarrena, logo da detención en Portugal dun grupo dirixente do PCE.[6] Estivo preso na Colonia Penitenciaria del Dueso de onde saíu en liberdade condicional en maio de 1952.[7] Nos anos sesenta foi secretario da Junta Local de Propagación e Conservación de Moluscos en la Ensenada de San Simón.[8] Colaboarou na campaña do PCG nas eleccións xerais de 1977.[9] Formou parte da primeira directiva de Comisións Mariñeiras de Galicia presentada en Ferrol en outubro de 1977.[10] Dende 1979 foi presidente do Club de Xubilados e Pensioneiros de Redondela. Finou en Redondela o 19 de febreiro de 1987.[11]
Recoñecementos
editarRecibiu unha homenaxe no acto de apertura do local do PCE en Redondela o 5 de marzo de 1978.[12]
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 16-11-1934, p. 12.
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-9-1936, p. 3.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 27-3-1937, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-8-1940, p. 6.
- ↑ BOE, 19-9-1940, p. 4376.
- ↑ Guerra Civil e represión en Redondela
- ↑ BOE, 21-5-1952, p. 2277.
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-11-1964, p. 12.
- ↑ El Pueblo gallego, 26-5-1977, p. 7.
- ↑ La Voz de Galicia, 4-10-1977, p. 53.
- ↑ Faro de Vigo, 20-2-1987, p. 41.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-3-1978, p. 3.