Para outros usos, ver: Secuestro (homónimos)

Radiografía dun secuestro nun fémur. A frecha azul sinala o tecido óseo morto (de cor gris), arrodeado de tecido óseo vivo (cor branco).

Un secuestro óseo, tamén coñecido como sequestrum, pola súa denominación en latín, é unha doenza ósea na que unha peza de óso morto queda illado do tecido óseo que o arrodea, debido a un fallo no proceso de necrose e reparación do óso.[1] Prodúcese após unha osteomielite, sendo unha das complicacións máis frecuentes deste proceso. Tamén, aínda que de xeito moi excepcional, o secuestro pode estar provocado por un osteoma osteoide, un tipo de tumor óseo.

Fisiopatoloxía editar

O secuestro óseo case sempre é secundario e como complicación dunha oseomielite, unha infección do óso. Por mor da infección e os exsudados que esta fai secretar, a presión intramedular aumenta. Debido a este aumento de presión, o periósteo deixa de estar en contacto co resto do tecido óseo. Este feito provoca unha trombose avascular, xa que o periósteo é a estrutura encargada de fornecer de nutrientes ao óso. Posteriormente prodúcese unha necrose no óso, que se se produce aberrantemente pode dar lugar ao secuestro óseo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar