Secondhand Serenade

Secondhand Serenade é unha banda de rock acústico, dirixida polo vocalista e guitarrista John Vesely. Vesely lanzou tres álbums a día de hoxe co nome de Secondhand Serenade: Awake en 2007, A Twist in My Story en 2008 e Hear Me Now en 2010. No primeiro álbum usou unha gravación multipista para crear o son dunha banda usando tecnoloxía, mentres que no segundo álbum usou unha técnica diferente, usando unha banda completa e sintetizada para crear un son mais traballado.

Secondhand Serenade
Secondhand Serenade actuando en Bamboozle en 2007.
OrixeMenlo Park (California),
Período2004–presente
Xénero(s)rock acústico, rock alternativo, emo-pop
Selo(s) discográfico(s)Warner/Glassnote Records
MembrosJohn Vesely, John Harvey, Alex Sier, Lucas Vesely, Tom Breyfogle
Na rede
secondhandserenade.com
Facebook: secondhandserenade Twitter: secondhandjohn Instagram: secondhandjohn MySpace: secondhandserenade Spotify: 6eouuqqGggqDlYRV63cgPo Last fm: Secondhand+Serenade Musicbrainz: c4caa34e-57b5-432b-ad9d-7e6543944d96 Songkick: 256846 Discogs: 1043042 Allmusic: mn0000623567 Deezer: 12247 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Primeiros anos, primeira publicación (2004–2006) editar

John Vesely formou Secondhand Serenade na súa cidade natal de Menlo Park (California), en 2004. Vesely medrou en San Francisco Bay Area como o fillo dun profesor, comenta que "entrar no mundo da música foi algo complicado" para el. Adentrouse no mundo da música con 12 anos. Estivo 8 anos tocando o baixo en bandas locais, nas cales tocou varios estilos como ska, hardcore, rock e pop. Despois de anos tocando o baixo, optou por unha guitarra acústica. Vesely segue a tradición de John Ondrasik's Five for Fighting. Foi tamén o fillo dun inmigrante checo.

Vesely empezou escribindo as súas propias cancións cando coñeceu a súa muller, Candice Vesely. Ela quixera que el lle cantase unha canción e o feito de conquistala coa súa guitarra quedaba fóra de toda dúbida. El recoñeceu que atopou a súa verdadeira chamada cando collera a guitarra. O pseudónimo Secondhand Serenade é unha referencia ó modo en que as súas cancións soaran para a súa muller Candice, coa que tivo dous fillos. Xente arredor do mundo está intentando simplemente conseguir escoitar as cancións 'second-hand. Mentres Vesely continúa vendendo a súa biografía sentimental, a parella rompe en 2008. Vesely tiña o corazón roto, como podía apreciarse en moitas das súas cancións. Sacou á venda "A Twist In My Story" como referencia ó seu divorcio.

Mentres algúns artistas sentían medo de tocar soamente cunha guitarra acústica, John agredecía a honestidade que isto comportaba. El afirma "dun xeito unha banda é máis poderosa, pero doutro xeito hai cousas que ti podes facer cunha voz e unha guitarra acústica e que non poderías facer cun grupo de músicos detrás de ti."

En 2005, Vesely sacou á venda o seu álbum debut titulado Awake. Foi gravado como unha demo, despois de reservar uns días nun estudio de San Francisco a principios de 2005, e foi promovido á páxina de Secondhand Serenade en Myspace e tamén tocando en shows locais. O compact disc e CD foi orixinalmente vendido por Vasely a pedidos por correo a través dunha conta PayPal, ás veces rexistrouse cun distribuidor TuneCore, facendo cancións de Secondhand Serenade fáciles de conseguir en portais de música incluíndo iTunes Store|iTunes. O álbum tivo un tremendo apoio na rede, e por finais de 2006 Secondhand Serenade recibira millóns de visitas en Myspace, foi o sitio de redes sociais número 1 durante meses.

Awake relanzamento (2007–2008) editar

A comezos de 2007, Awake foi reeditado por Glassnote Records con dúas cancións adicionais. Foi lanzado o 31 de xaneiro e deulle a Vesely as súas primeiras listas de éxitos.

A Twist in My Story (2008–2009) editar

A Twist in My Story foi lanzado o 19 de febreiro de 2008 e inclúe cancións de Awake tales como "Maybe" e "Your Call". A maior parte do álbum, porén, é unha lista de novas cancións escritas por John Vesely. Dúas pistas de A Twist In My Story foron producidas polo famoso produtor Butch Walker, mentres que as outras polo antigo Nine Inch Nails membro Danny Lohner. O primeiro single, "Fall for You," foi sacado ó mercado o 21 de xaneiro de 2008. O álbum filtrouse e púxose á disposición para a súa descarga un mes antes do seu lanzamento oficial. O 28 de xaneiro o vídeo musical do primeiro sinxelo do álbum "Fall for You" estreouse no show de MTV. Para apoiar o lanzamento, Secondhand Serenade pasou a maior parte dos meses de marzo e abril de xira con bandas americanas Making April, Automatic Loveletter e The White Tie Affair. Os membros da súa banda de xira inclúen a Steve Shebby no baixo, Lukas Vesely (irmán de Vesely) no teclado, Ryan Cook (ex baixista de White Tie Affair) na guitarra e Tom Breyfogle na batería.

O título A Twist in My Rhythm é unha referencia ao divorcio de Vesely da súa ex muller Candice coa cal ten dous fillos pequenos. Vesely separarase en agosto do 2007, momento en que se estaba creando A Twist In My Story .

En novembro do 2008 o single "Fall for You" foi certificado Disco de Platino pola RIAA. A 5 de decembro de 2008 "Fall For You" era aínda número 13 no American Top 40.

O vídeo de "Your Call" estreouse en FNMTV o 5 de decembro. Podía verse na páxina web de FNMTV.

Sacou un vídeo para a canción "Maybe" na súa páxina de Myspace o 4 de maio de 2009. É un vídeo sobre os seus concertos e as viaxes arredor do mundo. Foi gravado e dirixido polo seu representante Preston Jones e o seu batería Tom Breyfogle.

A Twist in My Story (Deluxe Edition) foi sacada á venda o 3 de febreiro do 2009. Contén 5 temas extra incluíndo "Your Call" (versión de radio), "Fall for You" (versión acústica), "Like A Knife" (versión acústica), o seu sinxelo"Last Time", e a versión de Coldplay "Fix You".

Hear Me Now e Weightless EP (2010–2011) editar

O terceiro álbum de Secondhand Serenade chamouse Hear Me Now , e saíu á venda o 3 de agosto de 2010. Nunha entrevista recente, Vesely declarou que o novo disco sería máis optimista que o seu último álbum, o cal se centrou nas relacións.

O 1 de xuño, "Something More" foi lanzado en iTunes cun tema extra "You Are A Drug", un vídeo que mostra a realización de "Something More", e un manual dixital para o novo sinxelo.

O 21 de xullo durante unha xira en Dallas, Vesely anunciou que un pack de cancións descargables para Rock Band se poñería pronto á disposición, con múltiples éxitos de Secondhand Serenade incluíndo "Fall For You".

O 27 de xullo engadiu 11 cancións do novo álbum ó Myspace e púxoas a disposición para transmitilas para os fans. Moitas destas cancións filtráronse en sitios tales como Youtube. O 23 de novembro de 2010, Vesely lanzou unha descarga en liña gratis para a demo dunha canción nova, "Let Me In." O seguinte single do novo álbum é unha nova versión de "You & I" xunto con Cady Groves.

En marzo de 2011, Vesely anunciou que estaba creando o novo EP e que se chamaría Weightless. Weightless saíu dixitalmente ó público o 3 de maio de 2011 e consistiu en cinco cancións: "Our Time," "Let Me In," "Animal (Neon Trees Cover)," "You & I (Acoustic)," e "Never Too Late".

Saída de Glassnote e traballo independente (2012-presente) editar

En xaneiro de 2012 Vesely empezou unha campaña Pledgemusic a cal impulsou no seu Twitter e Facebook co fin de financiar a gravación do seu próximo álbum. Anunciou na súa páxina Pledgemusic que deixou o seu selo discográfico para empezar de novo. Dixo que quería centrarse na música e non ter que tratar con "políticas de industria, expectativas, e todas as outras presións que veñen estando atado a empresas e corporacións ".

O 11 de setembro de 2012, Vessely sacou ó mercado unha nova versión do seu álbum máis vello, "A Twist In My Story", á que lle chamou "A Naked Twist In My Story".

Xira editar

Secondhand Serenade estará de xira con Boyce Avenue polo tramo de USA do tour Boyce Avenue 2012.

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Ano Detalles do álbum Posicións
Billboard 200|US Top Heatseekers|US Heat Independent Albums|US Indie Top Rock Albums|US Rock
2007 Awake
  • Data de lanzamento: 31 de xaneiro de 2007
  • Casa discográfica: Glassnote Records
164 3 19
2008 A Twist in My Story
  • Data de lanzamento: 19 de febreiro de 2008
  • Casa discográfica: Glassnote Records
44 6 11
2010 Hear Me Now
  • Data de lanzamento: 3 de agosto de 2010
  • Casa discográfica: Glassnote Records
42 7 14
2011 Weightless EP
  • Data de lanzamento: 3 de maio de 2011
  • Casa discográfica: Glassnote Records
2012 A Naked Twist In My Story
  • Data de lanzamento: 11 de setembro de 2012

Sinxelos editar

Ano Sinxelo Álbum
2007 Vulnerable Awake
2008 Fall for You A Twist In My Story
Your Call (Versión de radio)
2009 Last Time
Maybe
2010 Something More Hear Me Now
You & I (feat Cady Groves)
Hear Me Now (feat Juliet Simms from Automatic Loveletter)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar