Abrir o menú principal

Sebastià Juan Arbó

escritor español

Sebastià Juan Arbó, nado en Sant Carles de la Ràpita en 1902 e finado en Barcelona en 1984, foi un escritor catalán.

Sebastià Juan Arbó
Nacemento28 de outubro de 1902
 Sant Carles de la Ràpita
Falecemento2 de xaneiro de 1984
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
PremiosPremio Nadal
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu no seo dunha familia de labregos sen terra, aos oitos anos trasládase a vivir a Amposta cos seus pais, aos 12 anos traballa nunha oficina. En 1927 marcha a Barcelona, e alí comeza unha carreira como xornalista en La Vanguardia e ABC e tamén traballou en varias editoriais. En 1931 publica a a súa primeira novela L'inútil combat, protagonizada por un mozo humilde que se ve marxinado pola súa condición social e que acabará fuxindo.

En 1932 sae do prelo Terres de l'Ebre, a súa obra máis coñecida, unha novela na que describe a situación dos campesiños do delta do Ebro, esquecidos e humildes que traballan nunha terra pouco agradecida e dura, avocados á fatalidades e a soidade que conduce á destrución, e na que transforma as súas experiencias persoais e comunitarias en ficción. En 1933 publica Notes d'un estudiant que va morir boig e en 1935 Camíns de nit.

Logo da guerra civil española deixa de publicar ata que en 1947 publica Tino Costa, con versións en catalán e castelán. En 1946 publica unha biografía en castelán, Cervantes. A partir de 1948 escribe en castelán con obras como Sobre las piedras grises (1948) co que gaña o premio Nadal, e sobre todo Martín Caretas (1959). Nos seus últimos anos volta ao catalán: Narracions del Delta (1965), L'espera (1948), La masia (1975)