Se isto é un home

libro de Primo Levi

Se isto é un home, no orixinal Se questo è un uomo, é un libro de Primo Levi publicado en 1947.

Se isto é un home
Autor/aPrimo Levi
OrixeItalia
Lingualingua italiana
Xénero(s)autobiografía
EditorialGiulio Einaudi
Data de pub.1946
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Primo Levi escribiuna en 1946. A obra foi rexeitado por Einaudi, a aclamada e comunista casa editorial de Turín. Unha pequena editora, De Silva, lanzou o libro en novembro de 1947, nunha edición de 2000 exemplares. A pesar dunha crítica positiva escrita por Italo Calvino no periódico L'Unità, só se venderon 1500 copias. Levi tivo que agardar ata 1958 para que Einaudi reeditase o libro, nunha edición revisada e ampliada.

Argumento editar

Primo Levi relata a súa vida e a dos seus compañeiros no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau entre 1944 e 1945. Sometidos a fame, sede, frío, violencia, medo e falta de solidariedade, os prisioneiros habitaron un non-lugar onde as condicións para a vida humana quedaron suspendidas e no que sobrevivir resultaba practicamente imposible.

Tradución editar

En 2019 foi publicada en galego por Edicións Xerais en tradución de Xoán Manuel Garrido Vilariño.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar