Scott Bakula
Scott Stewart Bakula, nado o 9 de outubro de 1954 en St. Louis , é un actor estadounidense.
Scott Bakula | |
---|---|
![]() Scott Bakula en xuño de 2011. | |
Nome completo | Scott Stewart Bakula |
Nacemento | 9 de outubro de 1954 (65 anos) |
Lugar | St. Louis, Missouri, ![]() |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Universidade do Kansas, Jefferson College e Universidade Estadual do Kansas |
Cónxuxe(s) | Krista Neumann (1981–95) Chelsea Field (1996-actualidade) |
Profesión | Actor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Bakula comezou a súa carreira profesional no teatro na obra Shenandoah, realizando representacións nocturnas en Carolina do Norte, protagonizou o musical de Broadway Romance/Romance en 1988, pero fíxose coñecido pola súa interpretación de Sam Beckett na serie de televisión Quantum Leap (1989-1993), pola que gañou un Premio Globo de Ouro en 1991 e foi candidato a catro Emmy. Tamén é salientable o seu papel do capitán Jonathan Archer en Star Trek: Enterprise. Protagonizou en 1996 a serie de curta duración Mr. & Mrs. Smith e tivo papeis recorrentes en series como Murphy Brown, Designing Women, The New Adventures of The Old Christine ou Roseanne e apareceu en filmes como American Beauty ou Mercy Mission entre outros. Desde 2009 aparece na serie Men of a Certain Age da TNT, e ocasionalmente na da NBC Chuck como Stephen Bartowski.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Scott Bakula |
Ligazóns externasEditar
- Scott Bakula na IMDb (en inglés).