Scophony foi un sistema de televisión mecánica desenvolvido no Reino Unido, usaba espellos montados en tambores rotantes de alta velocidade para proxectar unha imaxe sobre unha pantalla.

Desenvolvemento editar

O sistema desenvolveuno a compañía Scophony Limited fundada por Solomon Sagall a comezos da década de 1930 para explotar as patentes do inventor George William Walton. En 1938 a compañía fixo unha demostración con éxito de tres tipos de televisión mecánica de 405 liñas na exhibición Radiolympia de Londres, un televisor doméstico, cunha área de imaxe de aproximadamente 24" x 22" e dous sistemas de proxección para salas de exhibición, unha cunha imaxe de 72" x 60" e outra de 108" x 144 ". Varios dos sistemas para as salas de exhibición estiveron en operación pero os televisores para o fogar non chegaron a se comercializar polo comezo da segunda guerra mundial.

A scophony utilizaba un sistema óptico coñecido como Split Focus, desenvolvido por un dos fundadores da compañía G W Walton, que permitía que os planos da imaxe foran diferentes na dirección horizontal e na vertical xa que o feixe de luz dividíase por medio de lentes cruzados en dous planos separados, reducindo o tamaño e os custos. O modulador de luz desenvolvido por J.H. Jeffree en 1934, que utilizaba ondas de son ultrasónico que corrían perpendiculares á luz.