Schindler's Ark é unha novela de ficción histórica publicada en 1982 polo novelista australiano Thomas Keneally. A edición dos Estados Unidos do libro foi titulada Schindler's List; posteriormente tamén foi reeditado en países da Commonwealth con ese título. A novela gañou o Premio Booker[1] e foi galardoada co Premio Los Angeles Times en 1983.[2]

Schindler's Ark
Título orixinalSchindler's Ark
Autor/aThomas Keneally
OrixeAustralia
LinguaInglés
Xénero(s)Novela biográfica
EditorialHodder and Stoughton
Data de pub.18 de outubro de 1982
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas380
ISBNISBN 0-340-27838-2
Precedido porThe Cut-Rate Kingdom
Seguido porA Family Madness
editar datos en Wikidata ]

O libro conta a historia de Oskar Schindler, un membro do Partido Nazi que se converte nun heroe improbable ao salvar a vida de 1.200 xudeus durante o Holocausto. O libro fala de persoas e acontecementos reais, mais con diálogos de ficción e escenas engadidas polo autor onde se descoñecen os detalles exactos.[3] Keneally escribiu unha serie de novelas ben recibidas antes e despois de Schindler's Ark; porén, a raíz da súa exitosa adaptación cinematográfica de 1993 dirixida polo director Steven Spielberg, converteuse dende entón no seu traballo máis coñecido e celebrado.[4]

Notas editar

  1. "The Booker Prize 1982 | The Booker Prizes". thebookerprizes.com (en inglés). Consultado o 2022-09-26. 
  2. "Book Prizes – Los Angeles Times Festival of Books» Winners By Award". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 5 de abril de 2013. 
  3. Shepard, Richard F. (22 de novembro de 1982). "NONFICTION 'SCHINDLER'S LIST' AND A FICTION PRIZE". The New York Times. 
  4. Alfred Hickling (31 de xaneiro de 2004). "Review: The Tyrant's Novel by Thomas Keneally". The Guardian.