Sara Ruddick
Sara Ruddick, nome de nacemento Sara Elizabeth Loop, nada o 17 de febreiro de 1935 e finada o 20 de marzo de 2011,[1] foi unha filósofa feminista e a autora do libro Maternal Thinking: Toward a Politics of Peace.[2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1935 |
Morte | 20 de marzo de 2011 (76 anos) |
Educación | Universidade Harvard Vassar College (pt) |
Actividade | |
Ocupación | filósofa |
Traxectoria
editarLicenciouse no Vassar College en 1957 e doutorouse na Universidade Harvard en 1964. Ensinou filosofía e estudos das mulleres no New School of Social Research catro anos. Foi galardoada co premio á filósofa máis destacada do ano pola Society for Women in Philosophy en 2002. A American Philosophical Association organizou unhas xornadas en San Diego en 2012 sobre o seu traballo.[4] Participou no proxecto de historia oral, Feminist Philosophers: In Their Own Words, que ofrece entrevistas con filósofas feministas importantes implicadas no movemento feminista nas décadas de 1960 e 1970.
Obra
editarÉ moi coñecida pola análise das prácticas e do pensamento que emerxe do coidado dos nenos. Argumenta que a maternidade é unha actividade consciente que require eleccións, decisións diarias e unha reflexión continua e alerta.[5] Lisa Baraitser considera que a súa contribución: "Xunto con Adrienne Rich, Ruddick foi probabelmente a pensadora máis importante que abordou a cuestión da mothering e da motherhood desde a segunda onda do feminismo, e cun espírito similar ao de Grace Paley, ampliando a súa análise de maternidade baixo o patriarcado ao desenvolvemento dos valores necesarios para opoñerse ao militarismo e á guerra."[6]
Notas
editar- ↑ Grimes, William (22 de marzo de 2011). "Sara Ruddick, Philosopher Who Defended Mothering, Dies at 76". The New York Times.
- ↑ Bailey, Alison (1994). "Mothering, Diversity and Peace Politics: A Critical Analysis of Sara Ruddick's Maternal Thinking: Toward a Politics of Peace". Hypatia 9 (2): 188–198. SSRN 1541553. doi:10.1111/j.1527-2001.1994.tb00440.x.
- ↑ Tong, Rosemary; Nancy Williams (2009). "Feminist Ethics". Stanford Encyclopedia of Philosophy. Consultado o 23 de abril de 2010.
- ↑ 'Maternal Thinking' as Intellectual Gold for International Relations: A Panel in Honor of Sara Ruddick (1935-2011)."
- ↑ "Sara Ruddick, 1935-2011 [updated again]". 22 de marzo de 2011.
- ↑ Baraitser, Lisa (2011). "Sara Ruddick 1935-2011". Radical Philosophy. Consultado o 28 de abril de 2014.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Polly F. Radosh, "Sara Ruddick's Theory of Maternal Thinking Applied To Traditional Irish Mothering," Journal of Family History, 33,3 (2008), 304–315.