Grace Paley, nada co nome de Grace Goodside no Bronx (Nova York) o 11 de decembro de 1922 e finada en Thetford (Vermont) o 22 de agosto de 2007, foi unha narradora, poeta e activista política norteamericana.

Infotaula de personaGrace Paley
Biografía
Nacemento(en) Grace Goodside Editar o valor em Wikidata
11 de decembro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Bronx, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte22 de agosto de 2007 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Thetford, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de mama Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHunter College (en) Traducir
The New School (pt) Traducir - escrita
Universidade de Nova York
St. Catharine Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e conto Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , mestra , activista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Columbia Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosDani Shapiro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0657613 WikiTree: Goodside-1 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era filla de pais xudeus procedentes de Ucraína, Isaac e Manya Ridnyik Goodside, que anglicanizaran o apelido familiar, convertendo Gutseit en Goodside ao emigraren aos EUA. A familia falaba ruso e yiddish, ademais de inglés. Era a máis nova de tres irmáns (dezaseis e catorce menor que Victor e Jeanne, respectivamente).

En 1938 e 1939, Paley estudou no Hunter College; máis tarde, e brevemente na Universidade de Nova York, pero non chegou a graduarse. A comezos da década de 1940 estudou con W. H. Auden na New School for Social Research. A preocupación de Auden polo eido social e o seu uso da ironía son citados a miúdo coma unha influencia importante nos seus primeiros traballos, particularmente nos seus poemas. O 20 de xuño de 1942 casou co cineasta Jess Paley, e tivo dous fillos, Nora (1949-) e Danny (1951-). Máis tarde divorciáronse. En 1972 casou co tamén poeta (e autor da serie Nghsi-Altai) Robert Nichols.

Paley foi coñecida polo seu pacifismo e o seu activismo político. Escribiu sobre a complexidade da vida das mulleres e os homes e defendeu a mellora das condicións de vida para todos. Impartiu docencia no Sarah Lawrence College. En 1980 foi elixida para a Academia Nacional das Artes e das Letras e en 1989, o gobernador Mario Cuomo converteuna oficialmente na primeira Escritora do Estado de Nova York. Foi Poeta Laureada do Estado de Vermont dende o 5 de marzo de 2003 ata o 25 de xullo de 2007. Morreu por mor dun cancro de mama. Nunha entrevista publicada en maio de 2007 no periódico Vermont Woman – unha das últimas – Paley falou dos soños que tiña para os netos: "Un mundo sen militarismo nin racismo nin cobiza - e onde as mulleres non teñan que loitar polo seu lugar non mundo."

Docencia editar

Paley impartiu cursos de escritura no Sarah Lawrence College dende 1966 ata 1989. Tamén traballou na Universidade de Columbia, na Universidade de Syracuse e no City College de Nova York. Paley resumiu a súa idea do ensino durante un simposio titulado "Educating the Imagination" ("A educación da imaxinación") organizado por "Teachers & Writers Collaborative", que ela contribuíra a fundar, en 1996:

"A nosa idea," dixo Paley, "era que os nenos — ao escribir, ler, empezar a querer a literatura, por medio da inventiva de escoitarse uns aos outros - puideran empezar a entender mellor o mundo e construír un mundo mellor para eles mesmos. Iso sempre semellou unha idea tan natural que nunca entendín por que se tivo que empregar tanta agresividade e tempo poñela a andar!"

Actividade política editar

Na década de 1950 Paley protestou contra a proliferación nuclear e a militarización do seu país. Tamén colaborou co American Friends Service Committee para formar grupos de pacifistas nos barrios; unha actividade durante a cal coñeceu a Robert Nichols.

Coa escalada da guerra de Vietnam, Paley ingresou na War Resisters League e converteuse nunha figura de importancia nacional ao acompañar en 1969 unha misión de paz a Hanoi para negociar as liberacións de prisoneiros de guerra. Foi delegada na Conferencia de Paz Mundial en 1974 en Moscova e en 1978, foi arrestada coma unha dos "The White House Eleven" por ter despregado unha bandeira anti-nuclear (coas palabras "No Nuclear Weapons—No Nuclear Power—USA and USSR") no céspede diante da Casa Branca.

Obra editar

Paley volveu a escribir a mediados da década de 1950. Despois de ser rexeitada varias veces, puido publicar a súa primeira colección de historia curtas, The Little Disturbances of Man (1959) coa editorial Doubleday, que inclúe once pezas referidas á vida en Nova York, das que varias teñen aparecido en moitas antoloxías, especialmente "Goodbye and Good Luck" e "The Used-Boy Raisers". A colección presenta o personaxe semi-autobiográfico Faith Darwin (en "The Used-Boy Raisers" e "A Subject of Childhood"), que máis tarde aparece en seis historias de Enormous Changes at the Last Minute e dez de Later the Same Day. Aínda que non tivo moita repercusión, os que o leron e destacaron (incluído Philip Roth e The New Yorker) apreciaron favorablemente o traballo. A pesar de non ser inicialmente publicitado, The Little Disturbances of Man conseguiu lectores abondo para ser reeditada por Viking Press en 1968.

Goodbye and Good Luck foi adaptada coma un musical por Mabel Thomas (libreto), Muriel Robinson (letras) e David Friedman (música) en 1989.

Logo do éxito de Little Disturbances of Man, o seu editor animouna a escribir unha novela, pero despois de varios anos de traballo abandonou o proxecto e volveu ás historias curtas. Coa axuda de Donald Barthelme, Paley conformou unha segunda colección de ficción en 1974, Enormous Changes at the Last Minute, con dezasete pezas nas que aparecen personaxes de Little Disturbances of Man (sobre todo a narradora "Faith," pero tamén Johnny Raferty e súa nai), e que continúan a exploración que a autora fai de temas coma a clasificación racial dos seres humanos, o xénero, e as clases sociais. "Faith in a Tree", unha peza máis longa e aproximadamente no centro da colección, reúne varios personaxes e temas un sábado pola tarde no parque. Faith, a narradora, sobe a unha árbore para ter unha perspectiva máis ampla da súa veciñanza e do "man-wide world", e logo de atoparse con varios manifestantes contra a guerra, expresa o seu novo compromiso social e político. Certas características da colección, coma a cambiante voz narrativa, autorreferencias, ou argumentos incompletos e fragmentados fixeron que a crítica a clasifiquen coma unha obra posmodernista.

Paley continúa as historia de Faith e a súa veciñanza na colección Later the Same Day (1985).

Os tres volumes apareceron reunidos en Collected Stories (1994), finalista tanto para o Premio Pulitzer coma o National Book Award.

Listaxe editar

  • The Little Disturbances of Man (historias curtas, 1959)
  • A Subject of Childhood e unha conversa coa autora en New sounds in American fiction (1969)
  • Enormous Changes at the Last Minute (historias curtas, 1974)
  • Later the Same Day (historias curtas, 1985)
  • Leaning Forward (poesía, 1985)
  • 365 Reasons Not to Have Another War (con Vera Williams, non ficción, War Resisters League Calendario da Paz de 1989)
  • Long Walks and Intimate Talks (historias e poemas, 1991)
  • New and Collected Poems (1992)
  • The Collected Stories (1994)
  • Begin Again: Collected Poems (2000)
  • Fidelity (2008), póstuma