Santuario de Nosa Señora do Esplendor

O Santuario de Nosa Señora do Esplendor (en italiano: Santuario della Madonna dello Splendore) é unha igrexa que se atopa en Giulianova, comuna de Italia localizada na provincia de Teramo.[1]

Santuario de Nosa Señora do Esplendor
Fachada do Santuario de Santa María do Esplendor
Datos xerais
PaísItalia Italia
TipoSantuario mariano
AdvocaciónNosa Señora do Esplendor
LocalizaciónGiulianova
Coordenadas42°45′27″N 13°57′10″L / 42.757475, 13.952897Coordenadas: 42°45′27″N 13°57′10″L / 42.757475, 13.952897
CatalogaciónMonumento
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseDiocese católica latina de Teramo-Atri
Arquitectura
Construción1559-1938
Estiloarquitectura barroca
Medidas85 x 90 m
Páxina webmadonnadellosplendore.it
Santuario de Santa María do Esplendor en Italia
Santuario de Santa María do Esplendor
Santuario de Santa María do Esplendor
editar datos en Wikidata ]

Situada na Diocese de Teramo-Atri, atópase a catro quilómetros do centro da cidade, na Strada Statale 16.

Historia editar

Foi construído ao redor da Casa de María Inmaculada, onde os apuchinos recibiron a terra da familia Acquaviva. A igrexa está en forma de cruz latina e está decorada con grandes cadros realizados en 1954 por Alfonso Tentarelli segundo o proxecto do pai Juan Lerario. Na igrexa hai unha estatua de madeira do século XV de autor descoñecido, que representa a Virxe do Esplendor con Xesús meniño bendicindo. O 15 de agosto de 1914, foi colocada na cabeza da Virxe unha coroa de prata dourada, feita por artesáns da familia Migliori. Ao redor de 1950, a estatua foi rodeada de raios, como símbolo da luz divina e colocada nun pedazo de árbore para lembrar a oliveira na que apareceu en 1557.

A praza de recepción dos peregrinos está dominada por unha grande estatua de bronce de Cristo coa inscrición "EGO SUM VIA VERITAS ET VITA" (Eu son o camiño, a verdade e a vida).

Ao longo de Vía Bertolino, unha monumental Viacrucis en bronce foi erguida por Ubaldo Ferretti.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar