Santuario de Las Lajas
monumento nacional de Colombia
O Santuario da nosa Señora do Rosario de Las Lajas é un templo e basílica para o culto cristián e veneración da nosa Señora de Las Lajas. O edificio principal mide 27,50 metros de altura e a torre é de 100 metros. A ponte mide a 50 metros de alto por 17 metros de ancho e 20 de longo. Este santuario atópase en Ipiales, no departamento de Nariño, ao sur de Colombia e é destino de peregrinación e turismo desde o Século XVIII.
Santuario de Las Lajas | |
---|---|
Santuario de Las Lajas | |
Datos xerais | |
País | Colombia |
Rexión | Nariño |
Tipo | Basílica, santuario |
Advocación | Nosa Señora de Las Lajas |
Localización | Ipiales |
Coordenadas | 0°48′20″N 77°35′10″O / 0.8055, -77.586 |
Catalogación | Monumento nacional |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Diocese católica latina de Ipiales |
Arquitectura | |
Construción | 1916-1949 |
Estilo | Neogótico |
Páxina web | laslajas.org |
[ editar datos en Wikidata ] |
Situación xeográfica
editarO santuario está situado no canón do río Guáitara, no correxemento de Las Lajas do concello de Ipiales, a sete quilómetros da cidade cabeceira municipal, no departamento de Nariño e a 10 km da fronteira con Ecuador.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santuario de Las Lajas |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)