Santiago da Rabeda, Taboadela
Santiago de Rabeda é unha parroquia situada ó sueste do concello de Taboadela. Os núcleos de poboación máis importantes son: Pereiras-Venda do Río, Abeledo, Pazos, Silvoso e Silvosiño. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 311 habitantes (162 homes e 149 mulleres).
Santiago da Rabeda | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Rabeda | |
Concello | Taboadela[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°15′06″N 7°48′04″O / 42.251775, -7.8010416666667 |
Poboación | 311 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarPola parte norte da parroquia discorre o río Barbaña; pola parte sur temos un monte con bosque autóctono, o monte Jandasela en cuxo cume está a aldea de Santa Mariña de Augas Santas.
No ano 2003 creouse a asociación de veciños A Rabeda, con sede na antiga escola unitaria. O seu presidente é Antonio Blanco, veciño de Pazos.
Patrimonio
editarConta cunha igrexa do século XVIII na que se atopa unha valiosa talla do apóstolo Santiago.
Lugares e parroquias
editarLugares de Santiago da Rabeda
editarLugares da parroquia de Santiago da Rabeda no concello de Taboadela (Ourense) | |
---|---|
Abeledo | Pazos | Pereiras | A Rectoral | Silvosiño | Silvoso | A Venda do Río |
Parroquias de Taboadela
editar